O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo é un centro público de ensino secundario da vila de Ribadeo. Constituíuse no ano 2012 a raíz da unificación do IES Porta da Auga e o IES Dionisio Gamallo Fierros, no curso 2018-2019 ten uns 500 alumnos. En febreiro de 2014, a raíz da proposta do Consello Escolar, pasou a chamarse IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

A súa constitución implicou unha serie de obras, engadindo un novo edificio ó antigo do IES Dionisio Gamallo Fierros, que provocaron unha demora no proceso. O seu primeiro director foi Alfonso Piñeiro Funcasta.

Dende os seus comezos ven realizando diversas actividades, como intercambios internacionais co Karl Von Frisch Gymnasium ou a Feira da Ciencia de Ribadeo.

Dende o curso 2014/2015, a partir dunha indicación de Roberto Rodríguez, estableceuse a tradición de facer unha conferencia inaugural do cursoPresentación da conferencia "Unha visión de Suso Peña e o seu legado", impartida no inicio do curso académico 2017-2018 no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo por Roberto Rodríguez Rodríguez (18/09/2017).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dionisio Gamallo Ligazóns externas Páxina web do IES Feira da Ciencia de Ribadeo

Categoría:Ribadeo Ribadeo