Matthew Joseph Harpring, nado o 31 de maio de 1976, en Cincinnati, Ohio, foi un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xogou 12 tempadas na National Basketball Association (NBA) dende 1998 até o ano 2009, sendo o seu último equipo os Utah Jazz.
Traxectoria profesional Harpring foi seleccionado na 15ª posición do Draft da NBA de 1998 polos Orlando Magic. Na súa tempada coma rookie, fixo 8.2 puntos e 4.3 rebotes por partido, e xogou de titular en 22 ocasións. Ó remate da tempada, foi incluído no primeiro equipo de Rookies da NBA. Na súa segunda tempada en Orlando, xogou tan só en catro partidos, e unha lesión no seu xeonllo esquerdo fixo que se perdera gran parte da tempada.
En agosto do ano 2000, Harpring foi traspasado ós Cleveland Cavaliers a cambio do pivote Andrew DeClercq. Estivo tan só unha tempada en Cleveland, onde acadou 11.1 puntos e 4.3 rebotes en 56 partidos. En agosto de 2001, foi traspasado ós Philadelphia 76ers xunto a Cedric Henderson e Robert Traylor a cambio de Tyrone Hill e Jumaine Jones.Tyrone Hill Returns To the Cavs Durante a tempada 2001-02, Harpring xogou 81 partidos, nos que acadou 11.8 puntos e 7.1 rebotes por encontro.
En agosto de 2002, asinou coma axente libre cos Utah Jazz, onde coincidiu con grandes estrelas coma Karl Malone ou John Stockton. En Utah pasou os mellores anos da súa etapa coma profesional. O 29 de novembro de 2002, conseguiu a maior anotación nun partido da súa carreira, ó anotar 33 puntos contra os Minnesota Timberwolves.
Antes do comezo da tempada 2003-04, Malone e Stockton deixaron o equipo, e Jerry Sloan elixiu a Harpring coma capitán do equipo. Tras xogar 31 partidos, nos que acadou 16.2 puntos e 8.0 rebotes por encontro, a súa tempada rematou debido a unha lesión nun xeonllo. Harpring volveu a xogar á tempada seguinte, pero viu reducida a súa contribución debido á chegada de Andrei Kirilenko. En 2009, tras sufrir varias lesións, Harpring anunciou que non ía volver a xogar na NBA, malia que non se retirou oficialmente.Harpring: Season, maybe career over
O 22 de decembro de 2009, os Jazz mandaron a Harpring e a Eric Maynor ós Oklahoma City Thunder, a cambio dos dereitos do Draft de Peter Fehse, pero os Thunder cortaron a Harpring o 22 de febreiro de 2010 sen sequera chegar a debutar.Maynor headed to Thunder
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas de Matt Harpring
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Cincinnati, Ohio Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic Categoría:Alas de baloncesto