Luffa é un xénero con 7 especies de plantas con flores pertencente á familia Cucurbitaceae. As plantas e sobre todo os seus froitos son coñecidos coma estropallos ou esponxas vexetais. É o único xénero da subtribo Luffinae.

Etimoloxía O nome do xénero deriva do árabe: Lufah, لوف.

Descrición Son plantas rubideiras tropicais e subtropicais.

Usos O froito de polo menos dúas especies, Luffa acutangula e Luffa aegyptiaca, cultívase para se consumir coma hortaliza, sendo popular en Asia e África.

A súa popularidade medrou co uso do seu froito enxugado coma esponxa exfoliante, pois son de alta calidade, obtendo moi bos resultados dermatolóxicos.

As larvas dalgunhas especies de lepidópteros (bolboretas e avelaíñas), como Hypercompe albicornis aliméntanse das especies de Luffa.

Sinonimia Poppya Neck. ex M.Roem. Trevauxia Steud. Trevouxia Scop. Turia Forssk. ex J.F.Gmel.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas http://biopl-a-181.plantbio.cornell.edu/ http://www.ppp-index.de/ http://www.ipni.org/index.html http://www.catalogueoflife.org/search.php http://www.eol.org/

Categoría:Cucurbitaceae Categoría:Plantas rubideiras Categoría:Hortalizas Categoría:Cultivos