Lyova Haskell Rosenthal, nada en Nova York o 31 de outubro de 1926 é unha actriz estadounidense coñecida como Lee Grant.

Traxectoria Con catro anos actuou na Metropolitan Opera e con once uniuse ao American Ballet. Estudou arte e música en Nova York e asistiu ao Actors Studio.

Conseguiu un grande éxito en Broadway coa obra Detective Story en 1949. Dous anos despois debutou no cinema coa adaptación da obra. A finais da década de 1950 foi chamada polo Comité de Actividades Antiamericanas para declarar contra o seu marido, o dramaturgo Arnold Manoff. Ela rexeitou declarar e entrou na lista negra durante doce anos.

Tras volver á actuación gañou premios polos seus traballos na televisión e no cinema, gañando o Oscar á mellor actriz secundaria en 1975. Tamén traballou como directora de teatro, de televisión e de documentais, como Down and Out in America, en 1986.

En 2013 volveu ao teatro tras case trinta anos de ausencia.

Filmografía Ano Filme1951 Detective Story1955 Storm Fear 1959 Middle of the Night1963 The Balcony An Affair of the Skin 1964 Pie in the Sky1967 Divorce American Style Na calor da noite Valley of the DollsThe Big Valley 1968 Buona Sera, Mrs. Campbell1969 The Big Bounce Marooned1970 The Landlord There Was a Crooked Man... 1971 Plaza Suite1972 Portnoy's Complaint1974 The Internecine Project 1975 Shampoo1976 Voyage of the Damned1977 Airport '77 The Spell1978 Damien: Omen II The Swarm The Mafu Cage1979 When You Comin' Back, Red Ryder?1980 Little Miss Marker1981 Charlie Chan and the Curse of the Dragon Queen1982 Visiting Hours1984 Billions for Boris Constance Teachers1987 The Big Town1991 Defending Your Life1996 It's My Party The Substance of Fire Under Heat2000 Dr. T & the Women The Amati Girls2001 Mulholland Drive 2005 Going Shopping

Véxase tamén

Ligazóns externas

Lee Grant

Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1926 Categoría:Lista negra de Hollywood