Ecos Vegadenses, subtitulado "periódico quincenal independente" foi unha publicación quincenal editada na Veiga (Asturias) entre 1924 e 1938, fundada por Álvaro Fernández Suárez e Eustaquio Lago Galán.

Traxectoria O primeiro número apareceu o 1 de marzo de 1924, e durante os dous primeiros anos saía do prelo do semanario Las Riberas del Eo, de Ribadeo, e os seguintes na imprenta de Sucesores de Mancebo, en Mondoñedo. Cada número tiña dúas follas (catro páxinas), de tamaño variable ao longo da súa existencia, dedicándose a última á publicidade. Realizou algúns números extraordinarios en apoio da campaña a favor de que o ferrocarril Xixón-Ferrol pasase pola vila. Ao pouco tempo da súa posta en marcha Fernández Suárez marchou a Madrid e Eustaquio quedou como o máximo responsable, aínda que Álvaro Fernández continuou tamén a codirixir o xornal desde Madrid.

A lingua da publicación era o castelán pero o galego estaba presente desde o primeiro número, onde xa aparecía un poema de Antolín Santos Mediante, autor que foi un colaborador habitual do xornal, tanto en galego como en castelán asinando co seu nome e como "Un poeta de tres ó carto" e "AESEEME".Babarro, González, X. "Escolma da Obra de Antolín S. Mediante" Britonia nº 1, Eilao (Asturias), 1995, pp. 11-71. Outros colaboradores con poemas en galego son Alfredo Nan de Allariz, Conrado Villar, Federico MagadánRamos Corrada, Miguel (2002) Historia de la lliteratura asturiana, ALLA, p. 735 ou do propio Álvaro Fernández Suárez. En galego tamén aparecían colaboracións en prosa de Herminio García Allande e de Eustaquio Lago.Suárez Fernández, Xosé Miguel "Sobre úa poesía del veigueño Antonio Cuervo y os empezos da lliteratura en gallego-asturino" in Actes del I Conceyu Internacional de Lliteratura Asturiana, ALLA, 2002, p. 409

Notas

Véxase tamén Bibliografía Gran Enciclopedia Asturiana. Silverio Cañada Editor, Xixón, 1982. Tomo 6, p. 65. Ligazóns externas Fernández Acevedo, Suso (2013). "75 anos sen "Ecos vegadenses", un espazo para o galego no occidente de Asturias" El toupo que fuza.

Categoría:Prensa de España Categoría:A Veiga, Asturias Categoría:1924