A ficoeritrobilina é un composto tetrapirrólico aberto do grupo das ficobilinas, que é un cromóforo vermello que se encontra en cianobacterias e nos cloroplastos das algas vermellas, glaucófita e algunhas criptomónadas, que intervén na captación de enerxía da luz para a fotosíntese. A ficoeritrobilina está asociada a proteínas formando a ficobiliproteína ficoeritrina, da cal é o aceptor terminal de enerxía. A cantidade de ficoeritrobilina nas ficoeritrinas varía moito, dependendo do organismo que se considere. Nalgunhas rodófitas e bacterias oceánicas, a ficoeritrobilina está tamén presente na ficocianina, que entón se chama R-ficocianina. Como todas as ficobilinas, a ficoeritrobilina está unida covalentemente ás ficobiliproteínas por enlace tioéter.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Biliproteína
Ligazóns externas Estrutura química da ficoeritrobilina.
Categoría:Tetrapirrois Categoría:Pigmentos fotosintéticos Categoría:Pigmentos biolóxicos Categoría:Fotosíntese