Erich Oswald Stroheim, nado en Viena o 22 de setembro de 1885 e finado en Maurepas (Francia) o 12 de maio de 1957 foi un director, produtor e actor austríaco.
Traxectoria Fillo dun sombreireiro de clase media, Stroheim emigrou aos Estados Unidos a finais de 1909. Na Illa Ellis afirmou ser o conde Erich Oswald Hans Carl Maria von Stroheim und Nordenwall, fillo dun nobre austríaco, como as personaxes que adoitaba interpretar. Porén, Billy Wilder e o axente de Stroheim, Paul Kohner, dicían que falaba alemán de clase baixa e Jean Renoir escribiu nas súas memorias que apenas falaba alemán. Cando Stroheim volveu vivir a Europa indicou que “esquecera” a súa lingua materna. No filme de Renoir La Grande Illusion fala alemán cun forte acento estadounidense.
A súa relación co cinema comezou como conselleiro de cultura e moda alemás, participando por primeira vez como actor en filmes de 1915. Despois da primeira guerra mundial converteuse en guionista, dirixindo a súa historia Blind Husbands en 1919, que tamén protagonizou
Coñecido polo seu carácter ditatorial, é recoñecido como un dos grandes directores do cinema mudo, sendo o seu traballo máis lembrado Greed, no que creou unha primeira versión de dez horas que foi recortada.
Despois de ser despedido da rodaxe de Queen Kelly por desacordos coa estrela Gloria Swanson dedicouse principalmente á interpretación. En 1950 interpretou o mordomo Max von Mayerling en Sunset Boulevard, de Billy Wilder, no que a súa personaxe afirma que foi un dos grandes directores do cinema mudo, con D.W. Griffith e Cecil B. DeMille, frase na que se observa a base autobiográfica da personaxe.
A última parte da súa vida pasouna en Francia, onde os seus filmes eran admirados.
Filmografía Director Ano Filme 1918 The Heart of Humanity 1919 Blind Husbands 1920 The Devil's Pass Key 1922 Foolish Wives 1923 Merry-Go-Round 1924 Greed 1925 The Merry Widow 1928 The Wedding March 1929 Queen Kelly 1933 Hello, Sister!
Actor Ano Filme 1912 An Unseen Enemy 1915 Old Heidelberg 1916 The Flying Torpedo 1932 The Lost Squadron 1936 The Crime of Dr. Crespi 1936 Mademoiselle Docteur 1937 La Grande Illusion 1938 Gibraltar 1938 Ultimatum 1943 Five Graves to Cairo 1943 The North Star 1944 The Lady and the Monster1944 Storm Over Lisbon 1945 The Great Flamarion1945 Scotland Yard Investigator 1946 The Mask of Dijon 1950 Sunset Boulevard 1955 Napoléon
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas All about Erich The Stroheim Wing The Great Gabbo (Portrait of Erich) Bibliografía
Categoría:Directores de cinema de Austria Categoría:Actores de Austria Categoría:Nados en Viena Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1957