Superoito é unha banda galega de rock. Formouse a finais do ano 2013 en Ordes, e segue dende aquela unha identidade con influencias do punk e do rock así como unha evolución constante cara a un son cada vez máis duro e contundente.
O grupo editou tres discos e dous sinxelos, deu máis de cen concertos entre salas e festivais de Galicia e tres datas a nivel estatal coincidindo coa celebración do seu terceiro aniversario (Bilbao, León, Madrid). Historia O seu primeiro disco, Non sabes bailar, gravado nos estudios Rapapoulo, presentouse o 14 de xuño de 2013 nun concerto privado na Pontecarreira. Na segunda metade do ano levaron a cabo a xira de presentación do disco, con máis de cen concertos.
O 15 de decembro de 2013 organizaron o I Festival Solidario de Nadal, en colaboración co Hospital de Santiago de Compostela, co obxectivo de recadar xoguetes e cartos para as familias obrigadas a pasar as datas de Nadal dentro dos complexos hospitalarios"Concerto en Ordes servirá para repartir xoguetes en Nadal", artigo en La Voz de Galicia, 12 de decembro de 2013..
En xaneiro do 2014 publicaron o segundo disco, Todo me dá voltas, composto por 13 cancións e gravado nos estudios Rapapoulo de Merelle por Mou de Dios ke te crew. No 2014 presentaron o disco en concertos, da man da discográfica Madrindie Producciones (Madrid) e Busaco Contratacións (Cangas).
No ano 2014 gañaron o premio Cantalingua, organizado por Correlingua (A Mesa pola Normalización Lingüística, CIG-Ensino e Asociación Socio-Pedagóxica Galega)Superoito, Monoulious, Dope e Quempallou, ganadores do cantalingua 2014..
Vinculados moi fortemente coa defensa da lingua galega, as súas cancións tratan sobre temas da vida cotiá tratados con certo apego cómico como Galicia, a dignificación do labor mariñeiro, a liberdade sexual e ideolóxica, a loita contra a construción da mina de Corcoesto ou a volta da selección galega de fútbol.
A principios do ano 2015 eco do seu éxito é compartir escenario coa banda vasca Berri Txarrak onde comezan a súa terceira xira coa que alcanzan os 150 concertos en tan só dous anos de traxectoria.
En 2016 estrearon o seu segundo disco, cuxos beneficios ían doarse ás protectoras de animais compostelás O Refuxio de Bando e Asociación Abeiro.
Discografía Non sabes bailar (febreiro 2014, sinxelo; Rapapoulo Estudios) No Saps Ballar (maio 2015, Discos Modernos Records) Ez dakizu dantza egiten (maio 2015, Discos Modernos Records) Todo me dá voltas (marzo 2014; Rapapoulo Estudios) Portarnos mal (abril 2015; Estudio Mágico) En directo (xaneiro 2016, Iraila Records) A mala vida (2022; Cimática Studio)
Xiras
Non sabes bailar (2013, 11 concertos) Todo me dá voltas (2014, 49 concertos) Portarnos mal (2015, 32 concertos) En directo (2016, 21 concertos) A mala vida (2022, en xira)
Notas
Categoría:Grupos musicais de Galicia
Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos de rock en galego