Vicente María Pardo Tenreiro, nado en Pontedeume e finado na Coruña o 19 de setembro de 1892,"Pardo Tenreiro", Gaceta de Galicia, 20-9-1892, p. 2. foi un avogado, xornalista, escritor e político galego.

Traxectoria Fillo de Agustín Pardo González, dono dunha fábrica de curtidos, e sobriño do político Ignacio Pardo González. Estudou Dereito en Madrid, acadando o doutoramento con 22 anos. Foi redactor dos periódicos madrileños El Resumen e El Demócrata. De regreso en Galicia, estableceuse na Coruña, onde abriu despacho de avogado. Colaborou en El Eume e La Mañana, do que foi director (1889-1892). Foi elixido deputado provincial polo distrito de Betanzos-Pontedeume en 1891 na órbita de Aureliano Linares Rivas. Nos xogos florais celebrados na Coruña en 1884 obtivo un accésit co poema "Adiós a la Patria".

Notas

Categoría:Avogados de Pontedeume Categoría:Xornalistas de Pontedeume Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Finados en 1892 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en ano descoñecido