El Día foi un periódico editado na Coruña en 1933.

Historia e características Orientado por membros do Partido Republicano Gallego,El País, 3-2-1933, p. 2. apareceu o 1 de febreiro de 1933,El Pueblo Gallego, 27-1-1933, p. 1. e pronto se converteu en órgano do Partido Republicano Gallego. Dirixido por Victoriano Fernández Asís, pretendeuse que fose continuador de El Orzán e entre os seus colaboradores figurou Sebastián Naya e outros redactores de El Orzán. Cesou a súa publicación por dificultades económicas o 5 de setembro de 1933.El Compostelano, 6-9-1933, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1933 en Galicia