A quinoaRecomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC, a través de Buscatermos - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#24503280 (do quechua kinwaTeofilo Laime Ajacopa, Diccionario Bilingüe Iskay simipi yuyayk'ancha, La Paz, 2007), Chenopodium quinoa, é unha planta nativa de Bolivia, Colombia, Perú e Chile, que produce un gran considerado moi importante na alimentación e na vida do home do altiplano andino. Trátase dun pseudocereal pertencente á subfamilia Chenopodioideae das amarantáceas. Prodúcese nos Andes de Bolivia, do Perú, da Arxentina, de Chile, de Colombia e do Ecuador, así coma nos Estados Unidos de América. Bolivia é o primeiro produtor mundial, a seguir polo Perú e mailos Estados Unidos. miniatura|240px|Espiga de quinoa morada.

miniatura|240px|Colleita de quinoa en Ecuador. miniatura|240px|Guiso de quinoa con champiñóns miniatura|240px|Chenopodium quinoa -red faro- Cultivábana os quechuas e aimarás, existindo unhas 3.120 variedades. Após a invasión española, os alimentos autóctonos, como a quinoa, o amaranto e a maca (Lepidium meyenii), caeron paseniño en desuso e foron substituídos polos grans consumidos en Europa, como o trigo e o orxo. Disque noutroura empregouse tamén para usos cosméticos na zona do altiplano peruano-boliviano-arxentino.En Perú ya conocía uso de la quinua como cosmético , Perú21.pe, 7 de febreiro de 2009. Medra desde o nivel do mar no Perú até os 4000 m de altitude nos Andes, aínda que a súa altura máis común é a partir dos 2500 m.

Descrición A quinoa é unha planta alimenticia de desenvolvemento anual, dicotiledónea que adoita acadar unha altura de 1 a 3 m. As follas son largas e polimorfas (con diferentes formas na mesma planta); o talo central comprende follas lobuladas e crebadizas e pode ter pólas, dependendo da variedade ou densidade da sementeira; as flores son miúdas e carecen de pétalos. Son hermafroditas e xeralmente autofecúndanse. O froito é seco e mide aproximadamente 2 mm de diámetro (de 250 a 500 sementes/g), arrodeado polo cáliz, que é da mesma cor que a planta.

Produción O altiplano boliviano, cunha área sementada, no ano 2013, de 104 000 ha, é o principal cultivador mundial de quinoa. A zona con maior produción atópase nos departamentos de La Paz, Potosí e Oruro. A tendencia da produción boliviana é ao aumento sostido, segundo o Instituto Nacional de Estatística boliviano, pasou de 28 809 toneladas durante o ano agrícola 2007-2008 a 38 257 toneladas no ano agrícola 2010-2011.INE Agricultura, producción año agrícola según cultivos - cuadro 4010403. Consultado o 28 de setembr de 2013. Para o ano agrícola 2011-2012 foi 42 267 toneladas e no ano agrícola 2012-2013 a produción acadou 58 mil toneladas. Bolivia exportó 26 201 toneladas en 2012.Crece exportación de quinua 40 veces más que hace 10 años; El Día, 28 de maio de 2013

O segundo país produtor, cunha superficie cultivada de 55 000 ha nas que se producen máis de 41 000 t ao ano, é o Perú. A cultura da quinoa é moi importante para os agricultores deste país, principalmente para as máis de 70 000 unidades campesiñas e pequenos agricultores de Puno. En 2012 as exportacións de quinoa do Perú alcanzaron 9 453 toneladas.La Quinua: el grano de oro. Consultada o 28 de setembro de 2014.

No Ecuador, 2000 ha dedícanse á produción de quinoa,El amaranto, la quinua y el chocho tienen más apoyo en el Ecuador; El Comercio, Quito, 13 de xullo de 2013. e en Colombia, máis de 1000 ha, coa zona de maior produción ao sur de Nariño e unha produción creciente no Cauca.Oficina Regional de la FAO para América Latina y el Caribe (2013) Colombia celebra el Año Internacional de la Quinua ; FAO. Consultada o 28 de setembro de 2012. Nas zonas de cultura destes dous países é común atopar a quinoa sementada en asociación co millo, feixón e faba ou a xeito de choer sementeiras de pataqueira.

Uso Alimentación miniatura|240px|Saqueta de quinoa nun posto de verdura ecolóxica do mercado de Lavapiés en Madrid. A quinoa era considerada un gran sagrado polos pobos orixinarios dos Andes, por mor ás súas exclusivas características nutricionais. Posúe, ao igual cá soia, os oito aminoácidos esenciais para o ser humano, o que a converte nun alimento moi completo e de doada dixestión. Tradicionalmente, os grans de quinoa torrábanse e con eles producíase fariña. Tamén poden ser cocidos, engadidos ás sopas, usados coma cereais ou pastas e incluso fermentados para obtermos cervexa ou chicha, bebida tradicional dos Andes. Cando se coce colle un sabor semellante ao da noz.

A quinoa moída pódese utilizar para a elaboración de distintos tipos de pans, tanto tradicionais coma industriais, xa que permite mellorar características da masa, facéndoo máis resistente, o que favorece unha boa absorción da auga. Isto increméntase se se utiliza unha mestura de quinoa e amaranto morado. Téñense efectuado estudos comparativos de pans, nun dos cales utilizábase unha mestura de quinoa e amaranto, e noutro millo e papoula; e en dita avaluación olláronse diferenzas na absorción da auga.

A fariña de quinoa prodúcese e comercialízase en Bolivia, Perú e, en menor cantidade, en Colombia. En ditos países, substitúe moitas veces á fariña de trigo e enriquece así os seus derivados de pans, tortas e galletas. Desde o ano 2007 estase a desenvolver o seu cultivo e consumo no norte da Arxentina e o norte de Chile, e o 20 de febreiro de 2013 a ONU declarou o Ano Internacional da Quinoa.

Un dos seus pratos típicos da zona de Cuzco é o pesqué ou peské, que se prepara con leite, quinoa e queixo e se pode combinar con ovo fritido e incluso cun anaco de churrasco de carne; tamén se utiliza cada vez máis para recheo de empanadas.

Un problema para a masificación da produción de quinoa é que posúe unha toxina denominada saponina que lle outorga un sabor amargo característico. Esta toxina adoita eliminarse a través de métodos mecánicos (pelado) e lavando as sementes en abundante auga.

Medicinal A quinoa é considerada ancestralmente tamén como unha planta medicinal pola meirande parte dos pobos tradicionais andinos. Entre os seus usos máis frecuentes pódense mencionar o tratamento de abscesos, hemorraxias, luxacións e cosmética. A quinoa tamén contén altas cantidades de magnesio, que axuda a relaxar os vasos sanguíneos, e que é utilizada para tratar a ansiedade, a diabetes, a osteoporose e a xaqueca, entre outras doenzas.Magnesium information WebMDFood that helps headaches

Ritual Como gran nai, a quinoa formaba parte de diversas cerimonias e rituais andinos, que foron prohibidos polos europeos durante a conquista española. Este foi un motivo polo que o cultivo de quinoa e da kiwicha foron prohibidos, ao consideralos asociados a rituais pagáns.

Nutrición

A quinoa posúe un excepcional equilibrio de proteínas, graxas e glícidos (fundamentalmente amidón). Entre os aminoácidos presentes nas súas proteínas salientan a lisina (importante para o desenvolvemento do cerebro) e a arxinina e mais histidina, básicos para o desenvolvemento humano durante a nenez. Igualmente é rica en metionina e cistina, en minerais coma ferro, calcio e fósforo e vitaminas, mentres que é pobre en graxas, complementando deste xeito a outros cereais e/ou legumes como os feixóns. miniatura|240px|Saqueta de medio quilo á venda en Portugal miniatura|240px A media de proteínas no gran é de 16 %, mais pode conter até 23 %, o que é máis do duplo que calquera cereal. O nivel de proteínas contidas é achegado á porcentaxe que di a FAO para a nutrición humana. Por esta razón, a NASA considera o cultivo da quinoa coma un posíbel candidato para sistemas ecolóxicos fechados e para viaxes espaciais de longo percorrido. A graxa contida é de 4 a 9 %, dos cales a metade contén ácido linoleico, esencial para a dieta humana. O contido nutricional da folla de quinoa compárase á da espinaca. Os nutrientes concentrados das follas teñen un baixo índice de nitratos e oxalatos, os cales son considerados elementos prexudiciais na nutrición.

Pode consumirse por celiacos ao non conter glute.

Taxonomía Chenopodium quinoa foi descrito por Carl Ludwig Willdenow e publicado en Species Plantarum. Editio quarta 1(2): 1301–1302. 1797. Etimoloxía Chenopodium: nome xenérico que deriva da particular forma das follas semellantes ás patas do ganso: do grego "chen" = (ganso) e "pous" = (pé) ou "podion" = (pé pequeno).

quinoa: nome específico que provén da denominación quechua kinuwa Sinonimia Chenopodium album subsp. quinoa (Willd.) Kuntze Chenopodium album var. quinoa(Willd.) Kuntze Chenopodium album f. subspontaneum Kuntze Chenopodium ccoyto Toro Torrico Chenopodium ccuchi-huila Toro Torrico Chenopodium chilense Pers. nom. inval. Chenopodium guinoa Krock. Chenopodium hircinum f. laciniatum (Moq.) Aellen Chenopodium hircinum var. quinoa (Willd.) Aellen Chenopodium hircinum f. rubescens (Moq.) Aellen Chenopodium hircinum f. viridescens (Moq.) Aellen Chenopodium nuttalliae Saff. Chenopodium purpurascens var. punctulatum Moq. Chenopodium quinoa var. laciniatum Moq. Chenopodium quinoa var. lutescens Hunz. Chenopodium quinoa var. melanospermum Hunz. Chenopodium quinoa subsp. milleanum Aellen Chenopodium quinoa var. orbicans' Murr Chenopodium quinoa f. purpureum Aellen Chenopodium quinoa var. rubescens Moq. Chenopodium quinoa var. viridescens Moq.

miniatura|240px|Sementes de quinoa.

Ano Internacional da Quinoa A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou 2013 como o Ano Internacional da Quinoa, en recoñecemento das prácticas ancestrais da poboación andina, que preservaron a quinoa como alimento para as xeracións presentes e futuras, por medio dun coñecemento e prácticas de vida en harmonía coa natureza. O obxectivo foi atraer a atención mundial para o papel da quinoa para a seguranza alimentaria, nutrición e erradicación da pobreza, apoiando o alcance dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

A Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e Alimentación funcionou como Secretariado do ano internacional. Bolivia tivo a presidencia do Comité de Coordinación, mentres que o Ecuador, Perú e Chile dividiron a vicepresidencia, co relator nas mans da Arxentina e de Francia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Teff Bibliografía Tapia, Mario; H: Gandarillas; S. Alandia; A. Cardozo; A. Mujica; R. Ortiz; V. Otazu; J. Rea; B. Salas e E. Zanabria. 1979: Quinua y Kañiwa cutivos andinos. CIID; editorial IICA, Bogotá.- ISBN 0-88936-200-9 Aguirre Rengifo J; Cabrera Galvis A. 2006: Semillas de Resistencia Alimentaria, La Quinua y la Maca Alimentos Andinos del Futuro''. Ediciones Frutos de Utopía Bogotá https://web.archive.org/web/20180330210003/http://frutosdeutopia.org/ Ministerio de Agricultura do Perú. Portal Agrario. https://web.archive.org/web/20060907232020/http://www.portalagrario.gob.pe/quinua.shtml

Pretensión francesa de patentar uso cosmético de la quinua. Perú21.pe, 7 de febreiro de 2009

AquaCrop: the new crop water productivity model from FAO Escolma de receitas con quinoa (en castelán) Jorge Barreno, La quinua, alimento de dioses, en El Mundo, 20 de xaneiro de 2013 (en castelán) Juan Carlos Fola, Quinua, alimento de los Dioses, en Fondo de Olla, 12 de marzo de 2013 (en castelán) A Quinoa: O Arroz Andino de Alto Valor Nutritivo (en castelán)

Categoría:Chenopodium Categoría:Cereais Categoría:Flora de América do Sur Categoría:Cultivos Categoría:Plantas medicinais