Google Nexus é unha liña de dispositivos móbiles que empregan o sistema operativo Android desenvolvido por Google en colaboración con fabricantes de hardware. Os dispositivos da serie Nexus foron considerados os produtos Android insignia de Google. Non teñen modificacións realizadas polo operador de telefonía, nin polos fabricantes, e ademais teñen un xestor de inicio non bloqueado, para permitir un maior desenvolvemento e individualización do usuario final.

Coa expansión da liña de produtos Google Pixel a finais de 2016, Google declarou que eles "non querían pechar a porta completamente, pero non hai plans agora mesmo de facer máis dispositivos Nexus". En 2017, Google colaborou con HMD Global para fabricar novos teléfonos Nokia, que foi considerado por moitos como unha recuperación de Nexus.

Teléfonos intelixentes Nexus One

250x250px|miniatura|Nexus One. O Nexus One foi fabricado por HTC e lanzado en xaneiro do 2010 como o primeiro teléfono Nexus. Foi lanzado con Android 2.1 Eclair, e foi actualizado en maio de 2010 como o primeiro teléfono con Android 2.2 Froyo. Logo, este foi actualizado a Android 2.3 Gingerbread. Anunciouse que Google deixaría de dar soporte ao Nexus One, cuxa unidade de procesamento gráfico (GPU, Adreno 200) é deficiente na prestación no novo moto de aceleración 2D da interface de usuario de Android 4.0 Ice Cream Sandwich. O Nexus S e os novos modelos teñen un hardware para manexar a nova tecnoloxía de renderizado.

Display: 3.7" con 800×480 píxeles de resolución CPU: 1 GHz Qualcomm Scorpion Almacenamento: 512 MB (expandible) RAM: 512 MB GPU: Adreno 200 Cámara: 5 MP

Nexus S

miniatura|250x250px|Nexus S. O Nexus S, fabricado por Samsung, lanzouse en decembro de 2010, coincidindo co lanzamento de Android 2.3 Gingerbread. En decembro de 2011, actualizouse a Android 4.0 Ice Cream Sandwich, coa maioría das variacións, máis tarde este sería actualizado a Android 4.1 Jelly Bean en xullo de 2012.

Display: 4.0" con 800×480 píxeles de resolución Chipset: Hummingbird CPU: 1 GHz single-core ARM Cortex-A8 Almacenamento: 16 GB (partido: 1 GB de almacenamento interno e 15 GB de almacenamento de USB) RAM: 512 MB GPU: PowerVR SGX540 Batería: 1500 mAH (substituíble)

Galaxy Nexus

250x250px|miniatura|Galaxy Nexus. O Galaxy Nexus, fabricado por Samsung, foi lanzado en novembro de 2011 (versión GSM, EE.UU. lanzado por Verizon o 15 de decembro do 2011), coincidindo co lanzamento de Android 4.0 Ice Cream Sandwich. Actualízase á versión do software Android 4.2.2 (Jelly Bean) a mediados de febreiro de 2013 e en xullo do mesmo ano actualizouse a Jelly Bean 4.3

Display: 4.65" HD Super AMOLED con 1280×720 píxeles de resolución CPU: 1.2 GHz dual-core ARM Cortex A9 Almacenamento: 16 ou 32 GB RAM: 1 GB

Nexus 4

O Nexus 4 é o primeiro teléfono intelixente da gama Google Nexus fabricado por LG. Trátase do primeiro dispositivo Android coa versión Android 4.2 de Jelly Bean. O Nexus 4 ten unha pantalla táctil de 4,7 polgadas (1280 x 768 píxeles de resolución), Corning Gorilla Glass 2, un procesador de 1,5 GHz Qualcomm Snapdragon S4 Pro, cámara principal de 8 MP, unha cámara frontal de 1,3 MP, e é o primeiro dispositivo Nexus en ter capacidades de carga sen cables. O prezo era de 199 dólares EE.UU para o de 8 GB e 249 para a versión de 16 GB, prezo que anteriormente ao 28 de agosto do 2013 era 100 dólares máis caro, debido á contraposta feita por Google cara Apple. T-Mobile EE.UU. anunciou que vendería o teléfono dende o 14 de novembro de 2012. Estivo dispoñible para Android 5.1 en abril de 2015.

Display: 4.7" Corning Gorilla Glass 2, True HD IPS Plus capacitive touchscreen, 768×1280 píxeles de resolución, 16M cores CPU: Quad-core 1.5 GHz Krait Chipset: Qualcomm Snapdragon APQ8064 Almacenamento: 8 ou 16 GB RAM: 2 GB GPU: Adreno 320 Batería: Non removible Li-Po 2100 mAh, carga sen cable Cámara: 8 MP con 3264×2448 píxeles, autofoco e flash LED; cámara frontal de 1,3 MP

Nexus 5

O Nexus 5 é un teléfono intelixente de alta gama desenvolto por Google en colaboración con LG. É a quinta xeración da gama Nexus. Caracterízase por posuír unha cámara de 8 MP OIS, pantalla IPS LCD capacitiva. Ten unha capacidade de almacenaxe de 16 GB ou 32 GB, non dispón de rañura para MicroSd externa. Algúns usuarios reportaron problemas cos altofalantes, o brillo da pantalla ou a pouca duración da batería cun uso intenso. Saíu ao mercado o 31 de outubro do 2013, coa versión de Android 4.4 Kit Kat. En poucas horas esgotouse a versión de 16 GB mentres que a de 32 GB esgotouse aos poucos días do lanzamento. O Nexus 5 will non tivo unha actualización oficial Android 7.0 Nougat, o cal quere dicir que Android 6.0.1 Marshmallow é a última versión oficial de Android para este dispositivo.

O Nexus 5 ten as seguintes características:

Display: 4.95" Corning Gorilla Glass 3, IPS LCD touchscreen, 1080×1920 píxeles de resolución (1080p) Procesador: 2.26 GHz Krait 400 quad-core processor on a Qualcomm Snapdragon 800 SoC Almacenamento: 16 ou 32 GB RAM: 2 GB GPU: Adreno 330 Batería: 2,300 mAh lithium polymer, carga sen cable Cámaras: 8 MP con imaxe de estabilización óptica (OIS); cámara frontal de 1,3 MP Conectividade: 4G LTE, 802.11 a/b/g/n/ac Wi-Fi, Bluetooth 4.0 Cores: negro, branco ou vermello

Nexus 6

miniatura|269x269px|Nexus 6. O Nexus 6 é un teléfono intelixente desenvolvido por Motorola, orixinalmente con sistema Android 5.0 Lollipop (actualizado a Android 7.1.1 Nougat). Foi anunciado por vez primeira o 15 de outubro de 2014 xunto co Nexus 9 e o Nexus Player.

Display: 5.96" Quad HD AMOLED PenTile (RGBG) con 1440×2560 píxeles de resolución (493 ppi) Procesador: Qualcomm Snapdragon 805 - Quad-core 2.7 GHz Módem: Qualcomm MDM9625M Almacenamento: 32 ou 64 GB RAM: 3 GB GPU: Adreno 420 Batería: 3220 mAh con tecnoloxía Turbo Charging, non removible, carga inalámbrica Cámaras: 13 MP de cámara posterior con f/2.0 lens featuring OIS; cámara frontal de 2 MP Altofalantes: Dual front facing stereo Cores: Midnight Blue e Cloud White

Nexus 5X

O Nexus 5X é un teléfono intelixente desenvolvido por LG, orixinalmente cun sistema Android 6.0 Marshmallow. Foi anunciado por vez primeira o 29 de setembro de 2015, xunto co Nexus 6P e varios outros dispositivos de Google (como a tablet Pixel C).

Display: 5.2" FHD LCD con 1080×1920 píxeles de resolución (423ppi) Procesador: Qualcomm Snapdragon 808 - Hexa-core 1.8 GHz Almacenamento: 16 ou 32 GB RAM: 2 GB LPDDR3 GPU: Adreno 418 Batería: 2700 mAh con carga rápida, non removible Cámaras: 12.3 MP cámara posterior con lente f/2.0 e autofoco IR con asistencia láser; cámara frontal de 5 MP con lente f/2.0 Altofalantes: Único altofalante frontal Cores: Carbon (negro), Quartz (branco) e Ice (menta)

Nexus 6P

miniatura|260x260px|dereita|Nexus 6P. O Nexus 6P é un teléfono intelixente desenvolvido por Huawei cun sistema orixinalmente Android 6.0 Marshmallow. Foi anunciado por vez primeira o 29 de setembro de 2015 xunto co Nexus 5X e outros dispositivos Google (como a tablet Pixel C).

Display: 5.7" WQHD AMOLED con 1440×2560 píxeles de resolución (518ppi) Procesador: Qualcomm Snapdragon 810 - Octa-core 4 × 1.95 GHz, 4 × 1.55 GHz Almacenamento: 32, 64 ou 128 GB RAM: 3 GB LPDDR4 GPU: Adreno 430 Batería: 3450 mAh con carga rápida e non removible. Cámaras: Cámara posterior de 12,3 MP con lente f/2.0 e autofoco IR con asistencia láser; cámara frontal de 8 MP e lente f/2.0 Altofalantes: dobres frontais Cores: aluminio, grafito, frost ou ouro

Tabletas Nexus 7

miniatura|250x250px|right|Nexus 7 (2012). O 27 de xuño de 2012, na apertura do Google I/O 2012, a compañía mostrou o Nexus 7, unha tableta de 7 polgadas desenvolvida por Asus. A tableta, que serve como o primeiro dispositivo en executar Android 4.1, pon a disposición os contidos dispoñibles a través de Google Play, incluíndo libros electrónicos, música e vídeo. O seu factor de forma e prezo pona en competencia directa con dispositivos como o Kindle Fire, que executa unha versión derivada de Android.

Máis tarde lanzouse outra versión do Nexus 7, á que se denominou Nexus 7 2013

Display: 7" con 1280×800 píxeles de resolución SoC: Nvidia Tegra 3 CPU: 1.2 GHz quad-core Cortex-A9 Almacenamento: 8, 16 ou 32 GB RAM: 1 GB GPU: ULP GeForce Batería: 4325 mAh (non removible)

Segunda xeración

miniatura|250x250px|dereita|Nexus 7 (2013). O 24 de xullo de 2013, na conferencia de prensa de Google "Breakfast with Sundar Pichai", Pichai presentou a segunda xeración de Nexus 7, outra vez desenvolvida conxuntamente con Asus. Segundo a tradición de Google Nexus, foi lanzado simultaneamente coa última versión, Android 4.3 Jelly Bean. Estivo dispoñible a partir do 26 de xullo de 2013 en tendas escollidas e na tenda Google Play nos Estados Unidos. O 20 de novembro de 2013, estivo dispoñible nas tendas Google Play de Hong Kong e a India. Ese mesmo día, o Nexus Wireless Charger estivo dispoñible nos Estados Unidos e o Canadá. En decembro de 2015, Google lanzou Android 6.0.1 Marshmallow para o dispositivo. O Nexus 7 (2013) non tivo unha actualización oficial de Android 7.0 Nougat, o cal quere dicir que Android 6.0.1 Marshmallow é a última versión Android que está dispoñible para esta versión de tablet.

Display: 7.02" con 1920×1200 píxeles de resolución Chipset: Qualcomm Snapdragon S4Pro CPU: 1.51 GHz quad-core Krait 300 Almacenamento: 16 ou 32 GB RAM: 2 GB GPU: 400 MHz quad-core Adreno 320 Batería: 4325 mAh (non removible)

Nexus 10

miniatura|250x250px|right|Nexus 10. O Nexus 10 é unha tableta de 10 polgadas fabricada por Samsung, que foi revelada a finais de outubro de 2012, polos datos de EXIF. Fotos foron tomadas por un executivo de Google, xunto coas filtracións do seu manual e unha serie completa de fotos. As fotos filtradas revelan un deseño similar ao Samsung Galaxy Note 10.1, con 10.1 polgadas, cunha resolución de 2560 x 1600 e 300ppp, 16 GB de almacenamento, Android 4.2 e un procesador dual-core a 1.7 GHz, Exynos 5. Esperábase que o Nexus 10 fose presentado oficialmente durante unha conferencia de prensa de Google o 29 de outubro de 2012, pero o evento foi posposto debido ao furacán Sandy.

Display: 10.1" Corning Gorilla Glass 2 con 2560×1600 píxeles de resolución CPU: 1.7 GHz dual-core Cortex-A15 Chipset: Samsung Exynos 5250 Almacenamento: 16 ou 32 GB RAM: 2 GB GPU: Mali-T604 MP4

Nexus 9

miniatura|250x250px|dereita|Nexus 9. O Nexus 9 é unha tablet de 8,9 polgadas con sistema Android 5.0 Lollipop, desenvolvido en colaboración entre Google e HTC. Foi anunciado por vez primeira o 15 de outubro de 2014 xunto co Nexus 6 e o Nexus Player.

Display: 8.9" Corning Gorilla Glass 3 con 2048×1536 píxeles de resolución CPU: 2.3 GHz dual-core 64-bit Nvidia Tegra K1 "Denver" Chipset: Nvidia Tegra K1 Almacenamento: 16 ou 32  GB RAM: 2 GB Dual front-facing speakers featuring HTC BoomSound

Outros dispositivos Nexus Q

O Nexus Q é un dispositivo streaming multimedia de forma esférica que forma parte da familia de produtos Google Nexus. Vendeuse nos Estados Unidos por 299 dólares. Despois de queixas pola falta de innovacións polo prezo, o Nexus Q foi arquivado indefinidamente; Google declarou que precisaba tempo para facer o produto "aínda mellor". O Nexus Q foi substituído de xeito non oficial por Chromecast, e posteriormente por Nexus Player. Almacenamento: 16 GB RAM: 1 GB

Nexus Player

O Nexus Player é un dispositivo streaming multimedia creado conxuntamente entre Google e Asus. É o primeiro dispositivo dispoñible para Android TV. Foi anunciado por vez primeira o 15 de outubro de 2014 ó mesmo tempo que Nexus 6 e Nexus 9. O 24 de maio de 2016, Google interrompeu as vendas de Nexus Player. En marzo de 2018, Google confirmou que Nexus Player non recibiría a nova versión de Android, Android P, e as actualizacións de seguridade tampouco estarían dispoñibles para o dispositivo.

1.8 GHz quad-core con procesador Intel Atom 802.11ac 2x2 (MIMO)