miniatura|200px|Mapa con todos os condados da Marca hispánica e Vasconia (que non formaba parte da marca). miniatura|200px|Mapa do margraviato de Brandeburgo en 1320.

Margrave (feminino margravina) é o nome que se lle dá en galego ao título nobiliario xermánico Markgraf (de Mark, fronteira, marca, e Graf, conde), equivalente ao título de marqués.

A esposa dun margrave, ou na muller que ostenta o título, denominase margravina (en alemán, Markgräfin). Equivale a marquesa en Alemaña.

Un margrave tiña, orixinalmente, funcións de gobernador militar dunha marca carolinxia, como, por exemplo, a marca hispánica, é dicir, unha provincia ou territorio limítrofe no medievo.

Os margraves tiñan xurisdición sobre unha marca, cuxo territorio se denomiaba margraviato, margraviado ou marquesado.

A medida que as provincias limítrofes adquirían importancia, facíanse máis grandes e poderosas que as interiores, conseguindo os margraves poder sobre os outros gobernantes do reino.

Margraviatos famosos Margraviato de Austria Margraviato de Baden Margraviato de Baden-Durlach Margraviato de Baden-Hochberga Margraviato de Bayreuth Margraviato de Bodonitsa Margraviato de Brandeburgo Margraviato de Carintia Margraviato de Carniola Margraviato de Istria Margraviato de Landsberg Margraviato de Lusacia Margraviato de Meissen Margraviato de Moravia Margraviato da Provenza Margraviato de Toscana

Notas

Categoría:Títulos nobiliarios