As GTPases pequenas () son unha familia de encimas hidrolases que poden unirse á guanosina trifosfato (GTP) e hidrolizalo. Son un tipo de proteína G que se encontra no citosol da célula, que son homólogas coa subunidade alfa das proteínas G heterotriméricas, pero a diferenza da subunidade alfa das proteínas G, unha pequena GTPase pode funcionar independentemente como encima hidrolase que se une e hidroliza a un GTP para formar GDP. Os membros mellor coñecidos destes encimas son as GTPases Ras e por esa razón se lles chama ás veces superfamilia Ras de GTPases.

Unha proteína G típica está activa cando se une ao GTP e inactiva cando está unida ao GDP (é dicir, cando o GTP que tiña unido se hidroliza a GDP). O GDP pode despois ser substituído por GTP libre. Por tanto, unha proteína G pode ser "encendida" ou "apagada". A hidrólise do GTP é acelerado polas proteínas activadoras de GTPases (GAPs), mentres que o intercambio de GTP é catalizado por factores de intercambio de nucleótidos de guanina (GEFs). A activación dun GEF tipicamente activa á súa correspondente proteína G, mentres que a activación dunha GAP dá lugar á inactivación da proteína G correspondente. Os inhibidores da disociación de nucleótidos de guanosina (GDI) manteñen ás pequenas GTPases en estado inactivo.

As pequenas GTPases regulan diersos procesos celulares, como son a proliferación celular, diferenciación celular, movemento celular e transporte de vesículas lipídicas.

A superfamilia Ras

Hai máis de cen proteínas dentro da superfamilia Ras, que comprende nove familias, responsables en xeral da proliferación celular, morfoloxía celular, transporte nuclear, e transporte de vesículas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Hidrolases Categoría:Proteínas periféricas de membrana