Count von Count, coñecido en España El Conde Draco, é un dos personaxes do programa infantil Sesame Street (Barrio Sésamo en España).
<p align="justify">O conde é un vampiro atípico (gusta da luz) e o seu principal cometido é ensinar aos nenos nocións básicas de matemáticas (contar). Ten a obsesión compulsiva de contar (aritmomanía, existe a crenza de que os vampiros sofren este tipo de desorde mental), sen importar o tamaño, a cantidade ou o molesto que resulta aos outros personaxes.
<p align="justify">Mora nun vello castelo cheo de arañeiras que comparte cun bando de morcegos aos que trata como mascotas.
<p align="justify">Mentres conta adoita soltar unha gargallada, momento no que soan tronos e lostrega sobre a súa cabeza. As cancións de Count von Count versan sempre sobre contar cousas, e a música sempre se enlaza con ritmos cíngaros (fose cal for a canción).
Categoría:Sesame Street
de:Sesamstraße#Graf Zahl