Porky Pig é un personaxe de ficción creado polo animador Friz Freleng, común nos debuxos animados da Looney Tunes e Merrie Melodies do estudio norteamericano Warner Bros. Personifica un porco gago ou tatexo. Por ese motivo, case sempre demora para completar unha frase. É moi amigo do Pato Lucas e bastante inxenuo, o que fai que Lucas sempre se queira aproveitar del.

Historia Na serie Duck Dodgers é o fiel escudeiro do personaxe de Duck Dodgers, parodia de Buck Rogers, heroe tolo espacial interpretado polo Pato Lucas. Os seus inimigos neses debuxos son Marvin o Marciano e a Raíña de Marte.

Porky estreouse en Porky Pig Show en 1967. Participou en varios outros episodios no que el é o dono do Gato Silvestre e está atormentado polo Pato Lucas.

Véxase tamén Bibliografía Schneider, Steve (1990). That's All Folks!: The Art of Warner Bros. Animation. Henry Holt & Co . Solomon, Charles (1994). The History of Animation: Enchanted Drawings. Random House Value Publishing . Outros artigos Gato Silvestre Tweety Pato Lucas

Categoría:Looney Tunes Categoría:Porco Categoría:Personaxes da televisión