O escudo de Heracles (en grego antigo Ἀσπὶς Ἡρακλέους: Aspis Hêrakléus; en latín, Scutum) é un fragmento de épica grega, composto por 481 liñas de hexámetros. O tema do episodio é a expedición de Heracles e Iolao contra o fillo de Ares chamado Cicno, quen desafiara a Heracles a un combate cando este pasaba preto de Itono (Tesalia). A historia está narrada cunha dicción recargada e pesada. A sección sobreviviu aparentemente polo pracer que proporcionaba a súa meticulosa descrición das imaxes e viñetas representadas en extravagantes relevos sobre o escudo feito por Hefesto para Heracles. A obra foi acriticamente atribuída a Hesíodo na antigüidade, pero probabelmente fose escrita no século -VI, imitando o estilo homérico.

A popularidade d'O escudo de Heracles na Atenas do século -VI pode calcularse a partir das ocorrencias nas que se detecta a súa presenza en vasillas áticas de entre -565 e -480 A probabilidade de transmisión oral e literaria durante a mesma época tamén foi estudada.Janko (1986), p. 40.

O escudo de Heracles foi impreso por vez primeira, incluído nas obras completas de Hesíodo, por Aldo Manuzio en Venecia (1495); o texto procedía de manuscritos bizantinos. Na época moderna varios papiros ofreceron seccións do texto, especialmente un papiro do século I en Berlín,Papiro de Berlín 9774. un papiro do século II de OxirrincoPapiro de Oxirrinco 689. e o papiro Rainer de Viena, do século IV . Hai numerosos textos do século XII ao XV.

Compárese esta obra co «Escudo de Eneas» de VirxilioVirxilio, Eneida viii. 617–731. e a moito máis breve descrición do escudo de Creneo na Tebaida.Tebaida ix.332–338. O gramático Epafrodito de Queronea escribiu un comentario sobre O escudo de Heracles no século I que non se conserva, pero aparece citado varias veces por Estevo de Bizancio.

En 2020 María Teresa Amado Rodríguez traduciu a obra por primeira volta ao galego para Rinoceronte Editora. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Tradución, introdución e comentario. Bibliografía da xénese d'O escudo de Heracles en p. 38, nota 1.

Ligazóns externas Texto español en Scribd. Texto español en PDF. Texto francés, con comentarios na mesma lingua, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011). Texto inglés no sitio Theoi; trad. de 1914 de Hugh Gerard Evelyn-White. Texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus; trad. de 1914 de Hugh Gerard Evelyn-White. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe). Texto bilingüe grego - inglés en Internet Archive; facsímile electrónico da ed. de 1914 de Hugh Gerard Evelyn-White de obras de Hesíodo e de Homero na Loeb Classical Library. Texto grego en Wikisource. Texto grego no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo). Artigo de Jesús María Nieto Ibáñez, da Universidad de León: El "Escudo" atribuido a Hesíodo y la tradición épica; texto en PDF.

Categoría:Épica Categoría:Obras de poesía gregas Categoría:Literatura da Grecia antiga