Looney Tunes é unha serie de debuxos animados da Warner Bros. que comezou a súa carreira oficialmente en 1930 coa curtametraxe Sinkin' in the Bathtub.
Das series que se produciron e distribuíron de xeito regular, é a segunda máis lonxeva.
Aos personaxes de debuxos animados máis soados da Warner adóitaselles chamar Looney Tunes, especialmente no seu conxunto.
A expresión «Looney Tunes» («Cancións atoleiradas»), que é unha alusión ás Silly Symphonies (Sinfonías parvas) de Walt Disney, ás veces escríbese erroneamente coma «Looney Toons» («Historietas atoleiradas»), por se entender «toons» coma aférese de «cartoons» (en inglés, «historietas» ou, por extensión, «debuxos animados»).
Dende 1942 até 1969, a serie Looney Tunes foi a máis popular nas salas de cinema.
A serie de debuxos animados de Looney Tunes emitíronse en galego no espazo Xabarín Club da Televisión de Galicia.
Personaxes Principais Bugs Bunny (coello) Pato Lucas Tweety Bird (Piolín) Gato Silvestre Porky Pig (porco) O Coiote e o Papaleguas Taz (Diaño de Tasmania) Pepé Le Pew (mofeta) Penelope Pussycat (gatiña) Hubie e Bertie (ratos) Foghorn Leghorn (Galo Claudio) Speedy Gonzales (rato) Granny (Looney Tunes) (avoíña dona de Silvestre e Tweety) Henery Hawk (gabián) Viláns ou antagonistas Elmer Fudd (Elemer Fungón) Yosemite Sam (Sam Bigotes) Marvin o marciano Witch Hazel (Looney Tunes) (Bruxa Hazel)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Warner Bros. Merrie Melodies The Looney Tunes Show Ligazóns externas Sitio oficial; en inglés. Enciclopedia libre de Looney Tunes; en inglés.
Categoría:Xabarín Club Categoría:Series de televisión con versión galega