José Fernando Navas Ramírez-Cruzado é coronel de Artillaría retirado do exército español, diplomado de Estado Maior dos exércitos de España e Portugal, e especialista en historia militar, heráldica e protocolo.

Traxectoria Vinculación con Galicia

Estivo destinado quince anos no Estado Maior Rexional da Coruña, desempeñando cometidos de intelixencia, persoal, operacións e protocolo.

Esta permanencia, e estas actividades, permitíronlle estreitar lazos coa sociedade coruñesa en particular e galega en xeral.

Destacou, entre outras, a súa actuación nos actos de homenaxe á Bandeira, a prevención de incendios forestais e como adxunto ao coordinador de Defensa durante a catástrofe do Prestige.

Foi cooperador habitual das universidades de Santiago e A Coruña, incluíndo a Escola Universitaria de Turismo adscrita a esta última (e coñecida antes como Centro Español de Nuevas Profesiones),CENP da Coruña . impartindo clases de cerimonial, protocolo, oratoria e heráldica en cursos de posgrao.Curso de Formación Específica de Postgrado en Protocolo, Comunicación e Imagen Corporativa. UDC, curso 2014.Protocolo y comunicación en el ámbito castrense. Clase con el coronel Navas. UDC, curso 2004.

Entre outras obras, é autor dos capítulos correspondentes á "Heráldica Militar de Galicia" do volume LIX da obra Proxecto Galicia de Hércules de Edicións.

Director do Museo Militar da Coruña

Durante os seus seis anos destinado como director do Museo Militar da Coruña, cargo no que cesou o 6 de maio de 2011,Relevo del mando de Coronel-Director en el Museo Militar de La Coruña . centrou a súa actividade na divulgación da Historia Militar e, en especial, da actuación dos galegos na Guerra da Independencia española.

Do se labor investigador no museo destaca a recuperación da memoria do brigadier coruñés Diego del Barco quen, tras participar en 22 batallas da guerra da Independencia, desde Medina de Rioseco ao Bidasoa, morreu reconquistando Santoña e Laredo, cando xa a guerra terminaba. Ignorado durante douscentos anos, como tantos heroes, foi devolto á memoria dos coruñeses polo museo, que conta cunha estatua do brigadier na súa entrada, e unha reprodución en bronce nos achegados xardíns da Real Maestranza.José Navas Ramírez-Cruzado: "El brigadier coruñés Diego del Barco tuvo más mérito que sir John Moore". Diario La Opinión. A Coruña. 13-01-2009.

En palabras de Nava,

Con ocasión do segundo centenario desta contenda participou en congresos, seminarios e xornadas, presentando relatorios en máis de trinta cidades de España e Portugal divulgando a actuación dos exércitos galegos.

É coautor do libro e o CD editados con ocasión da exposición "1808-1814. La historia y su enseñanza. 200 años de la Guerra de la Independencia", da que foi comisario na Coruña, Bailén, Aranjuez, Medina de Rioseco, Camponaraya e Astorga.

Obras principais 2004 - Los ejércitos gallegos contra Napoleón en la Guerra de la Independencia. A Coruña: Librería Arenas. ISBN 978-84-95100-09-2. Premio Arenas Quintela 2003-2004 na súa IV edición. 2004 - Libertad y victoria (en colaboración con Arsenio García Fuertes). A Coruña: Librería Arenas. 978-84-95100-11-5. 2013 - Victorias de Galicia. Guerra de la Independencia. Cuando el pueblo gallego derrotó a Napoleón. A Coruña: Hércules de Edicións. ISBN 978-84-9271-561-9.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas El Museo Histórico Militar de La Coruña . Por José Navas. Museo Militar de La Coruña . Por José Navas. Entrevista: José Navas Ramírez-Cruzado, coronel director del Museo Militar de A Coruña: "El brigadier coruñés Diego del Barco tuvo más mérito que sir John Moore" El Portal de los Profesionales de la Seguridad. Relevo del mando de Coronel-Director en el Museo Militar de La Coruña Museo Militar Regional de La Coruña. 11/05/2011.

Categoría:Militares de España Categoría:Escritores en lingua castelá