Alborada foi un xornal publicado en Lugo entre 1931 e 1936.
Historia e características Apareceu en 1931, promovido polo grupo político vinculado a José Soto Reguera. Foi suspendido por orde gobernativa.
Segunda etapa Reapareceu o 23 de agosto de 1935El Pueblo Gallego, 24-8-1935, p. 11. co subtítulo Diario de Galicia. Segundo a súa propia declaración de principios, pretendía ser un periódico "de Dios y para Dios, un periódico de España y para España, un periódico de Galicia y para Galicia". Diario monárquico, dirixido por Gutiérrez Flórez e despois por José Cedrón del Valle, o administrador era Julio Aller Pavía. Foi un intento do grupo de José Calvo Sotelo de dispoñer dun diario propio na provincia de Lugo. Juan Antonio Correa Calderón e Jesús Carracedo figuraron entre os seus colaboradores; Salvador Pérez-Labarta Pillado era o correspondente en Viveiro e Antonio López Sánchez en Santiago de Compostela.El Eco de Santiago, 22-5-1936, p. 3. Tivo escasa audiencia. Cesou por suspensión gobernativa, o 31 de maio de 1936.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1931 en Galicia