O lentiscoNome vulgar da especie en galego segundo o Vocabulario de ciencias naturais, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991. ou aroeiraResultado da busca "aroeira" no Dicionario de dicionarios (Pistacia lentiscus) é un arbusto perenne fanerógamo do xénero Pistacia, na familia das anacardiáceas, de follas coriáceas, con flores de cor amarela tirando a vermella, do cal se extrae unha resina branca moi aromática, o mástique.
Distribución e hábitat Medra nas matogueiras secas e pedrentas da Europa mediterránea, norte de África e Oriente Próximo. Resiste mal as fortes xeadas e desenvólvese sobre todo tipo de solos, podendo medrar ben en zonas calcarias e incluso salitrosas ou salinas, isto fai que sexa máis abundante xunto ao mar. Mora en forestas claras, devesas, formacións de aciñeiras, maquis, garrigas, foces, canóns, e abas rochosas de toda a área mediterránea. Medra con mirtos, carballos carrascos, palmeiras ananas, alaternos, e silvamares e serve de protección e alimento a paxaros e outra fauna exclusiva deste ecosistema. É unha especie pioneira moi rústica espallada polos paxaros e abundante en ambientes secos mediterráneos.
Descrición thumb|240px|Gota de resina. thumb|240px|Mástique (resina). Trátase dun arbusto ou arboriña dioica, plantas macho e femia independentes, sempre verde de 1 a 5 m de altura, cun forte cheiro a resina. Medra a xeito de mato e a medida que envellece, desenvolve toros grosos e gran cantidade de pólas grosas e longas. En áreas axeitadas, cando se lle deixa medrar libremente e faise vello, adoita converterse nunha arboriña de até sete metros. As accións levadas a cabo polo ser humano, como a curta, o pastoreo e os lumes, impiden moitas veces o seu desenvolvemento.
As follas son alternas, coriáceas e compostas paripinnadas (sen folíolo terminal) con 6-12 folíolos dun verde intenso. Presenta flores miudiñas, as masculinas con 5 estames, as femininas con estilo trífido. O froito é unha drupa, primeiro vermella e despois negra ao madurecer, duns 4 mm de diámetro.
Usos Na época clásica empregouse coma goma de mascar; do seu látex elabórase unha goma aromática chamada mástique, usada en medicina odontolóxica e para facer vernices. Tamén se emprega para aromatizar licores.
En zonas turísticas mediterráneas xunto con palmeiras ananas e algunhas plantas exóticas, é elixida para repoboar xardíns e resorts, por mor da súa fortaleza e atractivo aspecto. Ao contrario que outras especies de Pistacia, conserva as súas follas ao longo de todo o ano cun aspecto san e vizoso. Introduciuse coma ornamental en México, onde se naturalizou e lle ve con frecuencia en zonas suburbanas e principalmente en zonas semiáridas.
Está emparentada co escornacabras (Pistacia terebinthus) co que hibrida facilmente nas zonas en contacto; P. x saportae Burnat (P. lentiscus x P. terebinthus) que ten follas imparipinnadas, con folliñas semipersistentes, a terminal subsésil e ás veces reducida. Porén, ocupan biotopos distintos e escasamente solapados. O lentisco aparece en zonas máis baixas e achegadas ao mar, mentres que o escornacabras medra en zonas máis elevadas e montañosas como o Sistema Ibérico, onde resiste mellor as xeadas.
Propiedades Utilizado en problemas catarrais pulmonares, para a gota e a reuma. Usado contra a diarrea, gonorrea e leucorrea. Tense recomendado o uso do mástique en locións externas contra as feridas con hemorraxias ou picadas de insectos. Usado como anestésico para as dores de moas.
Taxonomía Pistacia lentiscus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1026. 1753. Sinonimia Lentiscus massiliensis Fourr. Lentiscus vulgaris Fourr. Terebinthus lentiscus (L.) Moench en PlantList Nome vulgar A planta recibe os nomes vulgares en galego de: almecegueira, aroeiro, aroeira, charneca, laderno e lentiscoNomes vulgares galegos para a especie en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992), Xunta de Galicia. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Características das anacardiáceas Bibliografía AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique. Ligazóns externas Union of Chios mastic producers Chios Rising The Magic Tree by Deborah Rothman Sherman, Epikouria Magazine Mastic Gum Kills Helicobacter pylori by Farhad U. Huwez, Debbie Thirlwell, Alan Cockayne,Dlawer A.A. Aladeen Monotherapy with mastic does not eradicate Helicobacter pylori infection from mice by Michael F. Loughlin, Dlawer A. Ala’Aldeen, and Peter J. Jenks Mastic gum has no effect on Helicobacter pylori load in vivo by James R. Bebb, Nathalie Bailey-Flitter1, Dlawer Ala’Aldeen and John C. Atherton a pilot study on antiplaque effects of mastic chewing gum in the oral cavity takahashi k, fukazawa m, motohira h, ochiai k, nishikawa h, miyata t.
Categoría:Pistacia Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora da conca mediterránea