Vicente Díaz Veiga, coñecido como Carro de Lídia, nado en Valdoviño en decembro de 1899, foi un xornalista, escritor e político galego.

Traxectoria Emigrante en Cuba, retornou a Galicia coa República. Organizador agrario da zona de Valdoviño, afiliado á CNT, colaborou en Solidaridad Obrera, Brazo y Cerebro e Solidaridad, impulsou Orientación e dirixiu Germinal. Foi xulgado por inxurias graves a Camilo Estripot Tenreiro en decembro de 1932,La Voz de Galicia, 29-11-1932, p. 5. e condenado a tres anos, seis meses e vinte e un días de desterro a setenta e cinco quilómetros de Valdoviño. En outubro de 1934 foi novamente denunciado polo avogado Camilo Estripot pola publiación dun artigo en El Obrero e foi desterrado á Coruña.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido na Coruña o 5 de agosto de 1936, e tres días despois foi posto en liberdade. Por ser obxecto de vixilancia escapou a Valdoviño onde estivo agochado. O xuíz militar publicou unha requisitoria en xaneiro de 1937. Agachado en Valdoviño, na cova de Ponte Prados, entre as praias de Valdoviño e Pantín,Cadernos de 2016 foi detido pola Garda Civil e internado no cárcere de Ferrol o 7 de xuño de 1937. Foi xulgado en Ferrol por rebelión militar, sendo condenado a pena de morte (causa 805/1937). Conmutaron a sentenza por cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en decembro de 1940.BOE, 5-12-1940, p. 5570. Cumpriu condena na Prisión Central de Burgos de onde saíu en liberdade condicional en marzo de 1944.BOE, 25-3-1944, p. 246O.

Ao saír da prisión actuou como enlace da guerrilla en contacto con militantes da ANFD. Denunciado polo infiltrado Alejo Pablo Mora García foi detido a finais de 1947 e xulgado por auxilio á guerrilla en outubro de 1948 (causa 40/1948) por prestar auxilio a partidas armadas xunto con Antonio Barreiro Ruiz, Manuel Bastida Franco, José Beceiro Fernández, Sol Bertalo Blanco, Rosa Caridad Basas, Jaime Castro Rodríguez, Francisco Castro Roibal, José María Díaz Díaz, Antonio Díaz Pérez, Emilio Domínguez Cubero, María Dopico Aneiros, José Dopico García, Constantino Fernández Rosado, Juan Gallego Abeledo, José González Díaz, Francisco Graña Sequeiros, Germán López Rodríguez, Benito Paz Teijeiro, José Piñón Paz, Gerardo Pita López, Francisco Ponte Cabana, Alfonso Prados Pita, Francisco Ramos Calvet, Marcelino Rodríguez García, Manuel Rodríguez Sánchez, Daniel Romero López, Juan Romero Ramos, Antonio Sabín Prieto, Emilio Sande López, Silvestre Sanz García, Severino Suárez Ríos e Manuel Vázquez Rodríguez. Xulgado en consello de guerra na Coruña o 21 de outubro de 1948.La Noche, 21-10-1948, p. 2.La Voz de Galicia, 22-10-1948, p. 2. Foi condenado a catro anos de prisión menor. Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria del Dueso (Santoña), de onde saíu en liberdade provisional en setembro de 1953.BOE, 13-11-1953, p. 6718. Volveu a Valdoviño e traballou como perito agrícola. En marzo de 1954 concedéronlle o pase de fronteira.La Voz de Galicia, 10-3-1954, p. 2.

Obra

Escribiu na República La pantalla del cristianismo e Los nuevos regadíos, e despois de saír do cárcere La crucifixión del labrego (1966). Recoñecementos O concello de Valdoviño púxolle o seu nome a unha rúa do Penso en 2018.Acta sesión ordinaria do pleno da Corporación do Concello de Valdoviño, celebrada en data dezaseis de marzo de dous mil dezaoito.

Vida persoal Casou con Amalia Díaz Lago.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (D)

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Xornalistas de Valdoviño Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Valdoviño Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes