Ceba pódese referir a:

No mundo da gandaría, a ceba é a acción de cebar un animal. O penso é o alimento co que se ceba o gando; Porco cebado, porco da ceba, cebón, cebote. En botánica, diferentes especies de algas verdes e outras plantas mariñas empregadas como fertilizantes (argazo) reciben os nomes vulgares de ceba ou xebra (ambas as dúas do xermánico se mar ou encoro e blum flor; flor de marMartín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970)): as plantas mariñas do xénero Zostera, xebrasVocabulario multilingüe de organismos acuáticos, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000. a especie Zoostera marina, ceba común, xebra, lavanqueiro, golfe. a especie Ruppia maritima, xebra, cebado, lavanqueiro, paniño. a especie Enteromorpha intestinalis, xebra, limo, verdello, lavanqueira. as algas verdes do xénero Ulva, verzas de mar, leitugas de mar; a leituga de mar (Ulva lactuca)

Véxase tamén Outros artigos Ceba do Santísimo, costume celebrado en Santa Marta de Ortigueira, de celebrar unha poxa o día de Reis no adro da igrexa para adxudicar ao mellor ofertante o dereito de apañar as algas ou argazo da beiramar da vila nos domingos e demais días festivos do ano, co obxecto de dedicar os seus produtos en venda a soster o alumeado permanente do Santísimo na citada igrexa e a custear a festa do Corpus Christi. Supón García Ramos que esta concesión exclusiva debe proceder dun dos privilexios outorgados á vila polo Rei Sabio, pois os demais días da semana as algas mariñas son apañadas libremente polos veciños para o adubo das leiras, como se fai durante todo o ano no resto do litoral galego.Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Vigo, Editorial Galaxia.

Notas