Şehzade Bayezid, nado en 1525 e finado o 25 de setembro de 1561, foi un príncipe otomán, aspirante polas armas ao trono.

Traxectoria Bayezid era fillo de Suleiman I e de Hürrem Sultan, foi gobernador da rexión de Anatolia ata que en 1553 durante unha campaña do seu pai a Nakhchivan (na actual Azerbaidján) pasou a gobernar Edirne, a capital otomá en Europa, para controlar Rumelia na ausencia do emperador. Durante a campaña executouse a Şehzade Mustafá, o irmán máis vello de Bayezid, Şehzade Mustafa. As novas da morte do príncipe causaron malestar ao longo do imperio e un impostor, que se facía pasar polo executado Mustafá, alzouse contra Suleiman en Rumelia. Malia que un visir dominou a rebelión, Suleimán sospeitou que o seu fillo Bayezid reaccionou deliberadamente de xeito vagarosoFahri Kānûnî devrý þehzâde mücâdelelerý ve bunun osmanli sýyâsî ve sosyal târýhý bakimindan önemý Türk Yurdu, X/35 (1990), pp. 9-16.}}. Logo da campaña pasou a gobernar Kütahya.

Rebelión Suleiman coñecedor que só dous dos seus fillos estaban en condicións de lle suceder no trono, Selim e Bayezid e que a competición entre os dous era evidente, decidiu en 1558 enviar os dous fillos a provincias afastadas da capital Constantinopla pero equidistantes dela, así Selim foi como gobernador a Konya e Bayezid a Amasia. Así e todo Bayezid foi remiso a obedecer e comezou a reunir aos seus seguidoresAbbas Amanat e Farzin Vejdani (2012) Iran Facing Others: Identity Boundaries in a Historical Perspective Palgrave Macmillan, p. 88. Suleiman acusou ao seu fillo Bayezid de ser un rebelde e enviou o seu fillo Selim contra el, e en colaboración con Sokollu Mehmet Pasha (futuro gran visir), derroutouno na batalla de Konya o 31 de maio de 1559.Yaşar Yücel e Ali Sevim: Türkiye Tarihi II, AKDTYK yayınları, Istambul,1990 p 299-300 pero Beyezid logrou escapar a Persia cos seus fillos e un pequeno exército, alí ao primeiro o sultán Tahmasp I acolleuno pero logo a petición de Suleiman prendeuno e finalmente executouno canda os seus catro fillosJoseph von Hammer:Osmanlı Tarihi Vol II. Milliyet yayınları, İstanbul. p 36-37.

Actividade poética Bayezid foi tamén un poeta, compoñendo co pseudónimo de "Şahi"Azad Ağaoğlu, "Şahi Divanı mı, Vâhî Divanı mı?", Toplumsal Tarih derg., SAYI:93 CİLT:16 EYLÜL 2001 poesía en turco e persa. Nos seus poemas están presentes o desexo de reinar, o amor, o pecado e o perdón. Consérvanse dous manuscritos cos seus poemas e tamén as composicións nas que piden perdón a seu pai, así como a resposta deste.Şerafettin Turan (1961) Kanuni'nin oğlu Şehzâde Bayezid Vak'ası pp. 208-210

Notas

Categoría:Nados en 1525 Categoría:Finados en 1561 Categoría:Imperio Otomán Categoría:Escritores en lingua turca otomá Categoría:Escritores en lingua persa Categoría:Nados en Istanbul