Cultura Proletaria foi un semanario editado en Ferrol entre 1931 e 1932.

Historia e características Semanario anarcosindicalista, apareceu en febreiro de 1931. Comezou sendo voceiro do Sindicato General de Trabajadores de Ferrol afiliado á Confederación Regional Galaica da CNT. A partir de novembro de 1931 fíxose cargo do periódico un grupo de militantes anarquistas encabezado por Mario Rico. Cesou a súa publicación a mediados de 1932.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:Prensa anarquista de Galicia Categoría:1931 en Galicia