O bacelo é o rebento da videira, longo e delgado, do cal agroman as follas, os gabiáns e os aciosProposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC; "Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009. Por extensión emprégase o termo noutros cultivos rubideiros coma o kiwi.
Os bacelos, longos, magros e flexíbeis, que agroman cada ano do toro, levan todas as estruturas de crecemento vexetal da planta, é dicir as follas, os gabiáns, as xemas e as inflorescencias que se converterán en acios de bago unha vez chegadas ao seu punto de madureza.
É sobre os bacelos que se efectúa a poda da videira polo inverno, para limitar o seu crecemento e mellorar a produción cualitativa e cuantitativa das uvas.
Desenvolvemento fenolóxico do bacelo
Notas
Categoría:Viticultura Categoría:Termos botánicos