La Ducha foi un semanario editado na Coruña en 1897.
Historia e características Apareceu o 24 de xaneiro de 1897. Periódico semanal que aparecía os domingos. Estaba dirixido por Juan Cadaviero e o administrador era Joaquín Sánchez Fernández. Semanario de carácter conservador, defendeu a política de Cánovas del Castillo e dedicado ás noticias e comentarios locais e provinciais. O último número coñecido, o 37, apareceu o 3 de outubro de 1897.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1897 en Galicia