Aliaksandr Antonavič NadsanCoñecido no Reino Unido como Alexander Nadson. (en ), nado o 8 de agosto de 1926 e finado en Londres o 15 de abril de 2015, foi un sacerdote belaruso, que exerceu de visitador apostólico para os fieis grecocatólicos belarusos no estranxeiro.
Traxectoria Naceu en Haradzieja, preto de Niasviž, en Polonia (hoxe na rexión de Minsk, Belarús). O seu pai servira como oficial no exército tsarista na primeira guerra mundial, e posteriormente participara no levantamento armado de 1920 contra os bolxeviques en Sluck.
Aliaksandr estudou matemáticas no seminario de Niasviž.Uprava, 2008, p. 8. En 1944 emigrou de Belarús, e en 1945 foi soldado no Segundo Corpo de Polonia baixo o mando do xeneral Anders, que loitaba no norte de Italia, onde foi ferido. Co seu corpo, trasladouse en 1946 ao Reino Unido, onde estudou Matemáticas na Universidade de Londres graduándose en 1953. Durante este período, Nadsan foi un dos fundadores da Asociación de Belarusos en Gran Bretaña, e o seu presidente entre 1951 e 1953. Foi tamén editor dos xornais Biełarus na čužynie e Na šlachu, e participou nas actividades da sociedade académica cristiá belarusa Ruń e no Belarusian People's Independent Christian Movement.
Dende o outono de 1953, baixo a influencia de Časlaŭ Sipovič, estudou no Pontificio Colexio Grego de Roma, e foi ordenado sacerdote o 23 de novembro de 1958. En xullo de 1959 volveu a Londres, onde retomou as súas actividades en organizacións da diáspora belarusa.
Dende 1971 foi director do Francis Skaryna Belarusian Library and Museum de Londres, a maior biblioteca belarusa no estranxeiro. Dende 1981 é cabeza da misión católica belarusa en Gran Bretaña, e dende finais dos 80, visitador apostólico de todos os fieis grecocatólicos belarusos no estranxeiro. Denden entón dedica os seus esforzos á resconstrución e fornecemento da Igrexa Católica Belarusa dentro do seu país, e o 11 de marzo de 1990 celebrou a Divina Liturxia en Minsk, a primeira vez que se facía de xeito público dende que a unión fora abolida en 1839.
Foi autor de varios libros sobre a historia de Belarús, e presidiu unha fundación caritativa de axuda ás vítimas de Chernobil, levando cativos afectados pola radiación a pasar as vacacións de verán en Inglaterra, Irlanda e Gales. Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade Europea de Humanidades. .
Logo do seu pasamento o 15 de abril de 2015 os fieis greco-católicos belarusos no Reino Unido pasaron a depender da eparquía da Sagrada Familia de Londres, sendo o seu bispo Hlib Lonchyna.
Obra
Notas Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Nados na rexión de Minsk Categoría:Nados en 1926 Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Sacerdotes católicos do século XXI Categoría:Sacerdotes católicos de Belarús Categoría:Sacerdotes católicos do Reino Unido Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica bizantina belarusa Categoría:Alumnos da Universidade de Londres Categoría:Alumnos do Pontificio Colexio Grego Categoría:Historiadores de Belarús Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Europea de Humanidades Categoría:Finados en 2015