Picaraño foi un periódico publicado en Entrimo entre 1909 e 1910.

Historia e características Subtitulado Periódico Republicano Radical Revolucionario, apareceu o 1 de xuño de 1909. Tiña como lema "Su misión es zurrar la badana". Publicábase os días 15 e 30 de cada mes. O seu director e propietario era Vicente González. De contido anticlerical, asume como propia a tríade ideolóxica da Revolución Francesa (Liberté, égalité, fraternité). Tiña colaboradores correspondentes en Lisboa, Buenos Aires, Salamanca e Bande. Publicou poemas de Aureliano Pereira e Manuel Curros Enríquez.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense Ligazóns externas "O 'Picaraño', periódico republicano, radical, revolucionario do Entrimo" (10/6/2014). Real Academia Galega.

Categoría:Prensa escrita da provincia de Ourense Categoría:Entrimo Categoría:1909 en Galicia Categoría:Prensa republicana Categoría:Prensa anticlerical