miniatura|280px|dereita|Gálata moribundo no Museo Capitolino, Roma. O Gálata moribundo ou Galo moribundo (en italiano: Galata Morente) é unha copia romana de mármore dunha escultura helenística perdidaWolfgang Helbig, Führer durch die öffenlicher Sammlungen Klassischer altertümer in Rom (Tubingen 1963-71) vol. II, pp 240-42. que se cre que puido ser de bronce. Puido ter sido encargada entre os anos -230 e -220 por Atalo I de Pérgamo para celebrar a súa vitoria sobre os gálatas, un pobo celta da Galia que se asentou en Anatolia (actual Turquía).
A identidade do escultor da obra orixinal é descoñecida, pero suxeriuse que ben puido ter sido Epígono, escultor da dinastía atálida de Pérgamo. A estatua de mármore foi comunmente coñecida como o Gladiador moribundo ata o século XX,Henry Beauchamp Walters, The Art of the Greeks, The Macmillan Company, 1906, p.130 notes that it is still most commonly called that because of the popularity of Byron's description. xa que se asumía que representaba un gladiador ferido do anfiteatro de Roma. Os estudosos identificárono como gálata ou galo a mediados do século XIX, mais tomou varias décadas que a nova denominación recibise a aceptación popular.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía A Dictionary of Celtic Mythology. James McKillop. Oxford University Press, 1998 Art in the Hellenistic Age, Pollitt, J. J., 1986 The Bloomsbury Guide to Art, Ed. Shearer West. Bloomsbury Publishing Ltd, 1996 Hellenistic Sculpture, Smith, R.R.R. Londres, 1991 Taste and the Antique, Haskell, F. e N. Penny. New Haven e Londres, 1981. Cat. no. 44, pp 224ff. The Oxford Companion to Western Art. Ed. Hugh Brigstocke. Oxford University Press, 2001
Outros artigos Gálata Ludovisi
Categoría:Estatuas Categoría:Escultura de Pérgamo