Antonio López Carballeira, nado en Santiago de Compostela, foi un sacerdote e escritor galego, catedrático da Universidad Pontificia de Santiago.

Traxectoria Cursou estudos eclesiásticos no seminario de Santiago de Compostela, do que foi profesor cando aínda era estudante. Obtivo unha coenxía en Toledo e despois trasladouse a Valladolid. Sobresaíu dende moi novo polos seus traballos en prosa e verso. Colaborou en Vida Gallega. Usou o pseudónimo L. da Carvalheira. Pronunciou varias conferencias e discursos, algúns dos cales se imprimiron.

Obras León XIII, restaurador de los estudios teológicos y de los estudios históricos (1903). Mujeres cervantinas (1905). Juliano el Apóstata (1907). San Rosendo. Siglo X (1909). Eminentísimo cardenal Martín de Herrera (1909). La mujer. Discurso leido en el Ateneo de Santiago (1910) Religión y religiones. Religión comparada. Ensayo filosófico, científico e histórico (1918). Filosofía de la ilusión (1920). Alfonso XIII y la República. El ideal español y la civilización atlántica (1926). Meiga. Galicia la mágica (1935).

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega