Otro Pueblo foi un semanario editado en Betanzos entre 1901 e 1902.

Traxectoria Subtitulado Órgano del Partido Liberal Brigantino, apareceu o 29 de setembro de 1901. Entre os seus colaboradores figuraron Francisco Sánchez Díaz, Hipólito Caramés, R. Sanjurjo Osorio, V. Neno e Juan Ponte Blanco. O último número coñecido apareceu o 30 de marzo de 1902. Foi continuado por El Mandeo.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Otro Pueblo na Hemeroteca de Betanzos

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Betanzos Categoría:1901 en Galicia