A Unión Hispanoamericana pro Valle Miñor (UHA) foi unha asociación de emigrantes galegos na Arxentina.
Historia e características Foi froito da acción colectiva dun conxunto de emigrantes miñoranos, algúns achegados arxentinos e un grupo de residentes no Miñor. En Bos Aires en 1905 E. e M. Lemos, L. González, F. Cano e X. Álvarez fundaron unha Sociedade de Instrución. O seu principal obxectivo era a construción de escolas nos lugares de orixe. Editaron o Boletín Pro-Valle Miñor. miniatura|Festa celebrada no Teatro Victoria de Buenos Aires pola sociedade Pro Valle Miñor Os socios da UHA eran un colectivo heteroxéneo social e ideoloxicamente. Unha gran parte dos asociados despreocupábase dos obxectivos máis altruístas, xa que a maioría non recibía o recoñecemento simbólico que lles correspondía aos dirixentes polo seu labor.
Véxase tamén Ligazóns externas Miñor dos Sobranceiros: “Os benfeitores: Manuel Lemos e Manuel Losada” A “Escuela Americana” do Val Miñor: modernización e reforma pedagóxica na Galicia do primeiro terzo do s. XX
Categoría:Sociedades de emigrantes Categoría:Buenos Aires