O Vilar de Abade é un lugar da parroquia de Sorribas no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 42 habitantes (18 homes e 24 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2013, cando tiña 47 habitantes.
Descrición Na aldea existen 16 casas, das que están habitadas 12. É a aldea máis setentrional da parroquia, limítrofe co concello de Brión, a carón da parroquia de Bastavales e xunto ao río de Santa Cecía.
O topónimo fai referencia a un núcleo de poboación en relación cun abade, que podería indicar a antiga dependencia da localidade dun señorío eclesiástico.
Existen tres fontes: A Fonteíña, A Fonte de Abaixo (que secou tras unhas obras realizadas) e A Fonte da Mixirica. Tamén existe un lavadoiro. É unha aldea de carácter rural, con leiras adicadas á agricultura.
Na aldea esta ambientado o libro de Pere Tobaruela Catro pedras vellas (2017).
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Sorribas
Parroquias de Rois
Categoría:Lugares de Rois