Lev Ivanovich Iashin (en ), nado o 22 de outubro de 1929 e finado o 20 de marzo de 1990, foi un porteiro soviético de fútbol, considerado por moitos o mellor porteiro da historia.

Traxectoria Nado en Moscova (URSS) o 22 de outubro de 1929, toda a súa carreira transcorreu no Dinamo de Moscova, chegando a xogar 22 temporadas, entre os anos 1948 e 1970. Así mesmo foi titular indiscutible na selección nacional da Unión Soviética entre os anos 1954 e 1967 xogando 78 encontros.

Comezou sendo porteiro de hóckey sobre xeo no equipo da fábrica de ferramentas na que traballaba, pero aos 17 anos debeu substituír o porteiro do equipo de fútbol, dando alí os seus primeiros pasos neste deporte. En 1949 ingresou no Dínamo de Moscova equipo fundado no exército soviético, club no que desenvolveu toda a súa carreira, gañando cinco Ligas rusas e tres Copas.

Nos seus inicios no Dinamo estaba como terceiro porteiro, polo que ante a falta de oportunidades xogaba tamén no equipo de hóckey sobre xeo do Dinamo, co que gañou a Copa da URSS de 1953.

Entre o seu palmarés destacan os títulos de liga co Dínamo nos anos 1954, 1955, 1957, 1959 e 1963, e de copa en 1953, 1967 e 1970. A nivel internacional, logrou coa URSS a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1956 e a Eurocopa de 1960.

Retirouse no ano 1971, nun partido entre o Dínamo de Moscova e un equipo de estrelas europeas.

Durante a súa carreira foi quen de deter 150 penaltis, e a súa porta permaneceu 270 partidos a cero.

Morreu en marzo de 1990, á idade de 60 anos.

Trátase do porteiro por excelencia. Foi coñecido como a "araña negra" pola súa indumentaria e pola súa calidade. Excepcional en tódalas facetas do xogo, cuns asombrosos reflexos, magnífica colocación e poderosas saídas. Iashin é o único porteiro que gañou un Balón de Ouro (1963).

Clubs ClubPaísAnoFC Dinamo Moscovaborder|20px Unión Soviética1949−1971

Véxase tamén

Outros artigos

Club Lev Iashin

Categoría:Futbolistas olímpicos da Unión Soviética Categoría:Futbolistas de Rusia Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Dinamo Moscova Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Unión Soviética Categoría:Balón de Ouro Categoría:Nados en Moscova Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 1960 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1958 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1966 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1970 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1956 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1956 Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo da Unión Soviética Categoría:Finados por cancro Categoría:Heroes do Traballo Socialista