Albert Dalmau Martínez, nado o 16 de marzo de 1992 en Sils, Xirona, é un futbolista profesional catalán que xoga de lateral dereito no Club Deportivo Lugo da Segunda División.
Traxectoria Albert Dalmau, nado en Sils, Cataluña, comezou a xogar ao fútbol no equipo da súa vila natal, trasladándose con 13 anos a La Masia, polo que pasou formar parte das categorías inferiores do FC Barcelona. Alí permaneceu onde permaneceu até o ano 2011, debutando como júnior no FC Barcelona B da Terceira división o 9 de maio de 2010, nun partido ante o Orihuela CF, que rematou con vitoria blaugrana por 1–2. Ese mesmo ano o Brcelona B regresaría á Segunda División B logo dunha ausencia de 11 anos. Entre 2008 e 2010 foi internacional coa en categorías inferiores (Sub-17, Sub-18 e Sub-19), onde conseguiu acadar o terceiro posto no Mundial Sub-17 de 2009 de Nixeria.
Nos seus primeiro anos Damau xogaría na posición de central, aínda que posteriormente sería trasladado á posición de lateral dereito con vocación ofensiva.Albert Dalmau, un fichaje de lujo para el lateral derecho Foi ademais convocado co primeiro equipo do "Barça", entón adestrado por Josep Guardiola, dúas xornadas de Liga de Primeira División, fronte o Getafe CF e o Atlético de Madrid. Debutou co primeiro equipo finalmente nun amigábel en Wembley en 2009, facendo a pretempada dese ano e despois a do seguinte curso por Asia. Con todo, a titularidade de Martín Montoya, levou ao xogador catalán a cambiar de aires e fichar polo Valencia CF B, onde pasou dúas temporadas xogando na Segunda División B. No ano 2013 Dalmau asinaría co Cádiz CFda mesma categoría, onde pasaría un ano máis. Na tempada 2014-15, asina contrato por dous anos na Segunda División co CD Lugo. Tras non gozar de protagonismo co equipo galego, club e xogador deciden rescindir o contrato, asinando libre polo Córdoba CF.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesFC Barcelona BSegunda B2009-201010FC BarcelonaPrimeira2009-201000FC Barcelona BSegunda2010-201120Valencia CF BSegunda B2011-2012150Valencia CF BSegunda B2012-2013321Cádiz CFSegunda B2013-2014141LugoSegunda2014-2015230CórdobaSegunda2015-2016
Títulos Copa do Mundo FIFA Sub-17 (2009). Terceiro lugar. Campión División de Honra Xuvenil (2009) Campión Copa de Campións Xuvenil (2009)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Albert Dalmau en bdfutbol.com Perfil de Albert Dalmau en Transfermarkt Perfil de Albert Dalmau en Soccer Way Perfil de Albert Dalmau en FIFA.com Perfil de Albert Dalmau en fcbarcelona.cat
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Sils Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Córdoba CF