Cryptosporidium é un xénero de protozoos apicomplexos que pode causar unha enfermidade gastrointestinal con diarrea en humanos chamada criptosporidiose. Cryptosporidium é o organismo que se illa xeralmente nos pacientes humanos co virus VIH que padecen diarrea. Cryptosporidium forma ooquistes de 4-6 µm de diámetro que presentan unha tinguidura ácido-rápida parcial, polo que hai que diferencialos doutros organismos tamén parcialmente ácido-rápidos como Cyclospora cayetanensis.
Características xerais Cryptosporidium causa a diarrea chamada criptosporidiose. É un dos apicomplexos patóxenos, xunto con Plasmodium causante da malaria, e Toxoplasma, causante da toxoplasmose, pero, a diferenza de Plasmodium, que se transmite polos mosquitos, Cryptosporidium non utiliza un insecto como vector e é capaz de completar o seu ciclo de vida nun só hóspede, orixinando estadios de quiste que se excretan nas feces e poden transmitirse a un novo hóspede.
Varias especies de Cryptosporidium infectan a mamíferos. Nos humanos, os principais causantes de enfermidades son C. parvum e C. hominis (antes denominado C. parvum xenotipo 1). Ademais, C. canis, C. felis, C. meleagridis, e C. muris poden tamén causar doenzas en humanos.
A criptosporidiose é tipicamente unha infección aguda, de curto prazo, pero pode ser grave e persistente en nenos e persoas inmunocomprometidas. O parasito transmítese por quistes (ooquistes ou oocistos) resistentes liberados no ambiente que, unha vez inxeridos, permanecen no intestino delgado e dan lugar a unha infección do tecido epitelial intestinal.
O xenoma de Cryptosporidium parvum, que se secuenciou en 2004, é peculiar entre os eucariotas porque parece que non ten ADN mitocondrial. Tamén se secuenciou unha especie moi relacionada, a C. hominis. Poden consultarse os datos xenómicos de Cryptosporidium na base de datos do NIH The CryptoDB.org.
Ciclo de vida miniatura|esquerda|300px|Ciclo de vida de Cryptosporidium spp. A fase de espora de Cryptosporidium (ooquiste) pode sobrevivir durante longos períodos de tempo fóra do seu hóspede. Pode tamén resistir a acción de moitos desinfectantes comúns, como os baseados no cloro.
Tratamento e detección En moitas plantas potabilizadoras de auga que toman auga de ríos, lagos e depósitos utilízanse tecnoloxías de filtración, moitas das cales poden eliminar o 99% dos Cryptosporidium. Hai filtros de membranas e bolsas e cartuchos-filtro que eliminan especificamente Cryptosporidium.
Cryptosporidium é moi resistente aos desinfectantes clorados;Korich, D. G., J. R. Mead, et al. (1990). "Effects of ozone, chlorine dioxide, chlorine, and monochloramine on Cryptosporidium parvum oocyst viability." Appl Environ Microbiol 56(5): 1423-8. pero se as concentración son altas e o tempo de exposición prolongado, Cryptosporidium pode inactivarse con dióxido de cloro e tratamentos con ozono. En xeral, cómpren unhas concentracións de cloro tan altas que o uso de produtos clorados queda excluído como método de control de Cryptosporidium na auga para beber. O tratamento con luz ultravioleta a doses relativamente baixas inactiva Cryptosporidium.
Unha das principais dificultades para identificar os estalidos epidémicos é a capacidede de verificar os resultados no laboratorio. Os ooquistes poden examinarse ao microscopio a partir de mostras de feces, pero poden confundirse con outros obxectos ou artefactos similares. A maioría dos criptosporidios miden 3-6 μm, aínda que algúns informes mencionan quistes máis grandes.
En caso de risco de auga contaminada por Cryptosporidium recoméndase como método doméstico de control ferver a auga antes de bebela.BBC news
Como moitos patóxenos fecais-orais, poden transmitirse por alimentos contaminados ou pouca hixiene. Cómpren análises de augas e estudos epidemiolóxicos para determinar a fonte de infeccións específicas. Cryptosporidium normalmente non causa enfermidades graves en persoas con boa saúde. Pode infectar de forma crónica a nenos e adultos expostos e inmunocomprometidos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía White, A. Clinton, Jr. "Cryptosporidiosis". In Mandell, G et al., eds., Principles and Practice of Infectious Diseases, 6th edition; Elsevier, 2005, pp 3215–28.
Ligazóns externas CryptoDB: The Cryptosporidium Genome Resource
Categoría:Apicomplexos