San Lourenzo de Doso é unha parroquia rural, que se localiza no leste do concello de Narón na provincia da Coruña, cunha superficie de 4,5 km². Segundo o padrón municipal de 2010 tiña 430 habitantes (218 mulleres e 212 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 444 habitantes. A súa densidade de poboación é de 95,5 hab./km².

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Limita ao norte coa parroquia de Pedroso, ao sur co concello de Neda, ao oeste con Pedroso e ao leste co concello de San Sadurniño.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Doso

Parroquias de Narón

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Narón

Categoría:Parroquias de Narón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo