A IV Asemblea Agraria de Galicia celebrouse en Ribadavia o 9 e 11 de novembro de 1912. Historia e características Ten unha importante participación Acción Gallega. Hai moita presenza de organismos oficiais. Non hai conclusións de carácter político e mantense nun segundo plano a cuestión foral. Solicítase a nacionalización das vías férreas, pídese un ensino agrícola ambulante e recoméndase ás sociedades agrarias que se acollan á Lei de Sindicatos de 1906. Basilio Álvarez perdeu a batalla por converter a revista Acción Gallega no voceiro oficial das Asembleas e fixo un discurso no que criticou a liña técnica de Juan Rof Codina.

Véxase tamén Outros artigos III Asemblea Agraria de Galicia V Asemblea Agraria de Galicia

Categoría:Asembleas agrarias de Galicia Categoría:1912 en Galicia Categoría:Ribadavia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes