miniatura|Museo fluvial e do remo en Henley-on-Thames. miniatura|Literaturmuseum der Moderne (LiMo) en Marbach am Neckar. miniatura|Vivendas en Villaverde (2005).

David Chipperfield, nado en Londres o 18 de decembro de 1953 é un arquitecto británico residente en Corrubedo. En 2023 recibiu o premio Pritzker de arquitectura. En Galiza impulsou a Fundación RIA, centrada nos desafíos urbanísticos e de ordenación do territorio na ría de Arousa, a través da que colabora en diferentes proxectos coa Xunta e co COAG.

En 2024 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias.

Traxectoria Estudou arquitectura na Architectural Association School of Architecture de Londres, licenciándose en 1977. Entre os anos 1978 e 1984 traballou con arquitectos como Douglas Stephen, Richard Rogers ou Norman Foster, establecendo nese ano o seu propio estudio, David Chipperfield Architects, que ten as súas oficinas principais en Londres, Berlín e Milán e unha oficina de representación en Shanghai.

A súa arquitectura adoita englobarse dentro da corrente estilística coñecida como minimalismo, desenvolvendo o seu labor en edificación e urbanismo, ademais de no deseño de mobles e interiores. Gañou diversos premios, como o "RIBA" (Royal Institute for British Arquitects) en varias ocasións, destacando por museos, galerías de arte, bibliotecas, vivendas privadas, hoteis e oficinas.

En 1999, David Chipperfield foi galardoado coa Medalla de Ouro de Heinrich Tessenow, que foi seguida por unha exposición xunto con Andrés Jaque. O ano seguinte foi un dos arquitectos que representou ao Reino Unido na Bienal de Arquitectura de Venecia. En 2003 foi elixido membro honorario da Academia da Arte e o Deseño de Florencia, e no 2004 foi nomeado Comendador da Orde do Imperio Británico (CBE) polos seus servizos prestados á arquitectura.

Tamén foi profesor de deseño en diferentes escolas de arquitectura do Reino Unido e profesor invitado en universidades europeas e estadounidenses.

Obra

Europa Casa en CorrubedoCasa en Corrubedo Museo Fluvial e do Remo de Henley-on-Thames, unha das súas obras máis destacadas, onde empregou revestimentos de carballo, formigón e cristal (Premio RIBA) Plan xeral de vivendas de Maselakekanal en Berlín Museo de Literatura Moderna (2002-2006) en Marbach am Neckar (Premio Stirling 2007) Edificio de oficinas Kaiserstrasse de Düsseldorf Galería Hinter dem Giesshaus 1, en Berlín Neues Museum, en Berlín (2009) Ciutat de la Justícia de Barcelona Vivendas en Vilanova i la Geltrú e L'Hospitalet de Llobregat Remodelación do Paseo del Óvalo (2001-2003) en Teruel (Premio Europeo ao Espazo Urbano Público) Vivendas sociais en Villaverde (2000-2005) en Madrid Pavillón Copa de América (2005-2006) en Valencia Terceiro andar do Hotel Puerta América (2003-2005) en Madrid Centro de Exposiciones y Congresos de Aranjuez. Cemiterio de San Michele en Venecia (1998) Cidade das Culturas de Ansaldo en Milán (2000) Pazo de Xustiza de Salerno Vilas no Bom Sucesso Design Resort, Portugal.

Xapón Sede da corporación Matsumoto, en Okayama Museo Gotoh de Tokyo Sede de Toyota Auto, en Kyoto (Premio Andrea Palladio de 1993).

Estados Unidos Figge Art Museum en Davenport, Iowa Biblioteca Pública Central en Des Moines, Iowa Hotel Bryant Park e Lever House, en Nova York Ampliación do Museo de Anchorage en Anchorage, Alasca

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio Oficial de David Chipperfiel Architects Proxectos

Categoría:Arquitectos de Inglaterra Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1953 Categoría:Membros da Real Academia Galega das Ciencias