Macarena García de la Camacha Gutiérrez-Ambrossi, coñecida como Macarena García, nada en Madrid o 26 de abril de 1988, é unha actriz e cantante española que participou en diversos musicais, series de televisión e cine. É irmá do tamén actor Javier Ambrossi.

Traxectoria Cursou primeiro de Psicoloxía na Universidade Autónoma de Madrid antes de dedicarse por completo ao seu traballo de actriz.

Comezou a súa formación aos oito anos coa ximnasia artística. Aos catorce comezou a compaxinalo co baile, tanto moderno como funk, na escola Carmen Senra e na Academia Broadway. Durante varios anos recibiu clases particulares de canto con Rosario Ruiz e Nora Troyani. Nos últimos anos ademais complementou a súa formación con clases de guitarra con Nuria Zamora.

Conseguiu o seu primeiro papel nun musical aos trece anos, cando interpretou a Canelilla en En el nombre de la Infanta Carlota, de Jana Producciones, musical que estivo en cartel durante varias tempadas no Teatro de Madrid. Posteriormente traballou no musical sobre High School Musical con Daniel Diges.El musical de los adolescentes

A partir de aí, participou en diversas series de televisión como Hospital Central, Punta Escarlata ou El internado pero o papel que a dá a coñecer ao gran público é o de Chelo, a filla dos porteiros en Amar en tiempos revueltos entre 2010 e 2012. En 2013, traballou na serie de Antena 3, Luna, el misterio de Calenda. Entre 2014 e 2015 participou na serie B&b, de boca en boca da cadea Telecinco xunto aos seus compañeiros Fran Perea e Belén Rueda.

En cine, foi a protagonista da adaptación española de Blancanieves dirixida por Pablo Berger e estreada en 2012. Un traballo que lle reportou premios moi importantes como a Cuncha de Prata á mellor actriz do Festival de Cine de Donostia e o seu primeiro Premio Goya á mellor actriz revelación.

Filmografía Cinema Ano Título Personaxe Director/a Notas 2012 Blancanieves Carmen Pablo Berger Personaxe principal 2014 Todos están muertos Nadia Beatriz Sanchís Personaxe principal 2015 Palmeras en la nieve Julia Fernando González Molina Personaxe principal 2016 Villaviciosa de al lado Sole Nacho G. Velilla Personaxe principal 2017 La llamada María Casado Javier Ambrossi e Javier Calvo Personaxe principal 2018 Que baje Dios y lo vea Sara Curro Velázquez Personaxe principal 2019 A pesar de todo Lucía Gabriela Tagliavini Personaxe principal 2019 Ventajas de viajar en tren Rosa Aritz Moreno Personaxe principal 2020 El arte de volver Pedro Collantes Personaxe principal

Televisión Ano Título Personaxe Canle Notas 2009 Hospital Central Cristina Telecinco 1 episodio 2010 El pacto Ana Alcides Telecinco Telefilme 2010 El Internado Gema Antena 3 6 episodios 2010-2012 Amar en tiempos revueltos Consuelo Muñoz Ruiz "Chelo" TVE 337 episodios 2011 Punta Escarlata Raquel Solís Telecinco 8 episodios 2011 Hospital Central Sol Martí Telecinco 2 episodios 2012 Amar en tiempos revueltos: La muerte a escena Chelo Muñoz Ruiz TVE Telefilme 2012-2013 Luna, el misterio de Calenda Vera Mendoza Morales Antena 3 20 episodios 2013 Niños robados Violeta Telecinco Telefilme 2014-2015 B&b, de boca en boca Sonia Balboa Bermejo Telecinco 29 episodios 2015 La española inglesa Isabel TVE Telefilme 2016; 2019 Paquita Salas Macarena García Flooxer / Netflix 2 episodios 2017; 2020 El ministerio del tiempo Dolores "Lola" Mendieta (moza) TVE 11 episodios 2018-2019 La otra mirada Manuela Martín Casado TVE 21 episodios 2021–2022 Paraíso Paula Costa Protagonista; 15 episodios 2022 Las últimas de la fila Pilu Colaboración especial; 2 episodios 2023 La Mesías Irene Movistar Plus+ Protagonista; 7 episodios

Teatro Ano Título Personaxe Director 2001 En el nombre de la Infanta Carlota Canelilla Javier Muñoz 2008 High School Musical Gabriella Montez Ariel del Mastro 2013-2017 La llamada María Casado Javier Ambrossi e Javier Calvo

Premios Festival Internacional de Cine de Donostia Ano Categoría Película Resultado 2012 Cuncha de Prata á mellor actriz Blancanieves Gañadora

Premios Goya Ano Categoría Película Resultado 2012Mellor actriz revelaciónBlancanievesGañadorahttp://www.eldiario.es/politica/Macarena-Garcia-Goya-revelacion-Blancanieves_0_102190067.html

Fotogramas de Prata Ano Categoría Traballo Resultado2013Mellor actriz de teatroLa llamadaGañadora

Premios da Unión de Actores Ano Categoría Traballo Resultado 2011 Mellor actriz de repartimento de televisión Amar en tiempos revueltos Candidata

Festival do Cine e a Palabra (CiBRA) Ano Categoría Película Resultado 2012 Mellor personaxe adaptado Blancanieves Gañadora

Outros Premio á Mellor actriz no XX Certame Nacional de Curtos da Semana do Cine Español de Mula 2013 por "La Niña"Macarena García, mejor actriz en la Semana del Cine Español de Mula 2013

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1988 Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Actores de teatro de España