Vedran Ćorluka, nado en Derventa o 5 de febreiro de 1986, é un futbolista croata. Xoga de defensa e dende o ano 2012 xoga no Lokomotiv Moscova. Ademais, é internacional coa selección croata.

Traxectoria Ćorluka comezou nas categorías inferiores do Dinamo Zagreb, e chegou ó primeiro equipo no ano 2003. En 2007, fichou polo Manchester City a cambio de 8 millóns de libras. Tras unha tempada en Manchester, foise ó Tottenham Hotspur, onde pasou catro tempadas antes de fichar polo Lokomotiv Moscova.

Palmarés Club Dinamo Zagreb Prva HNL: 2005–06, 2006–07 Copa de Croacia: 2006–07 Supercopa de Croacia: 2006

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en FIFA.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados na República Serbia Categoría:Futbolistas de Croacia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do NK Dinamo Zagreb Categoría:Xogadores do NK Inter Zaprešić Categoría:Xogadores do Manchester City FC Categoría:Xogadores do Tottenham Hotspur FC Categoría:Xogadores do Bayer Leverkusen Categoría:Xogadores do FC Lokomotiv Moscova Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014