Alfonso Quintas da Vila, nado en Vigo o 23 de xaneiro de 1883 e finado no mesmo concello en novembro de 1929, foi un político galego.

Traxectoria Irmán de José Quintas da Vila. Foi presidente da Juventud Republicana de Vigo (1904). Pertenceu á directiva da Sociedade La Oliva, e foi secretario da comisión organizadora dos Juegos florales de 1904 promovidos por esta entidade. Dirixiu o periódico El Pueblo. Foi elixido concelleiro de Vigo nas eleccións municipais de 1913, adscribíndose ao grupo republicano. Con motivo da folga xeral de 1917 foi detido en agosto con Waldo Gil e Juan Carón, e foron postos en liberdade en setembro.El Correo de Galicia, 24-9-1917, p. 2. Foi interventor e despois director xerente do Banco de Vigo.El Progreso, 27-11-1929, p. 2. Finou en Vigo aos 47 anos de tuberculose pulmonar en novembro de 1929.El Pueblo Gallego, 26-11-1929, p. 2.

Vida persoal

Casou con Andrea Calvo Vázquez en 1917 e foi pai de Daniel Quintas Calvo.El Diario de Pontevedra, 5-2-1917, p. 2. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos