Abanca Corporación Bancaria S.A. é un banco con sede en Galicia. Creouse no 2011 tras a "bancarización" da caixa de aforros de Nova Caixa Galicia. Opera baixo o nome de Abanca dende o 27 de xuño de 2014, substituíndo á anterior marca Novagalicia Banco."Abanca culmina el cambio de imagen corporativa". La Región, 27/6/2014 . Opera nas comunidades autónomas de Galicia e Asturias e noutras partes de España e Portugal. Ten oficinas bancarias no Reino Unido, Francia, Suíza, o Brasil, Venezuela, Panamá, México e os Estados Unidos.
Historia miniatura|Anuncio de Abanca na Coruña. miniatura|Anuncio de Abanca ó lado da Sede Afundación na Coruña.
En abril de 2014, Banesco, foi o vencedor da poxa de NCG Banco a través de Banco Etcheverría. Pagou 1000 millóns de euros por unha entidade rescatada con 9000 millóns do erario público que nunca foron recuperados.
A empresa anunciou que suprimiría a marca Novagalicia Banco e se substituiría por unha nova."Banesco suprimirá la marca Novagalicia" finanzasdigital.com 9/4/2014 O 26 de xuño de 2014, a nova marca Abanca foi presentada en Santiago de Compostela."Nace Abanca, «un banco para Galicia»" ABC, 26/6/2014 . O 27 de xuño de 2014, a marca comercial Novagalicia Banco foi substituída pola marca Abanca.
Está previsto que as oficinas de Banco Etcheverría pasen a operar tamén baixo a marca Abanca. A marca Banco Etcheverría podería quedar para banca privada a partir do próximo ano."Banco Etcheverría y Novagalicia Banco serán 'Abanca'" ileon.com .
Características Abanca é «un nome en galego, para un banco con alma de caixa que nace co obxectivo de merecer servir ós galegos»Cita orixinal en castelán, tradución da Galipedia., en palabras de Juan Carlos Escotet, presidente de Banesco. Co azul e o branco como cores predominantes, a nova marca do banco galego vai acompañada dun lema, "Sentir Común", «que aglutina tódolos valores do novo banco que nace con esta marca: a responsabilidade, a confianza, a calidade, a sinxeleza, a innovación».
Desde a súa adquisión o banco non deixou de acumular beneficios, ao tempo que reducia as súas oficinas, deixando sen servizo amplas zonas de Galiza. Desde a súa creación o banco relega o galego a un uso testemuñal. A xunta de Galiza autorizou a empresa a creación dunha universidade privada.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos NCG Banco Novagalicia Banco Ligazóns externas Páxina web de Abanca Páxina web de Abanca Corporación Bancaria