Methanococcus é un xénero de microorganismos cocoides metanóxenos do dominio das arqueas, pertencentes á familia Methanococcaceae.Ver no NCBI a páxina para Methanococcus. Datos extraídos de Son todos mesófilos, excepto a especie termófila M. thermolithotrophicus e a hipertermófila M. jannaschii; estas últimas, finalmente, foron cambiadas de xénero. O xenoma de M. jannaschii foi o primeiro xenoma de arqueas que foi completamente secuenciado, o que revelou a existencia de moitos elementos xenéticos novos similares aos dos eucariotas. Na taxonomía deste xénero houbo moitos cambios e moitas especies foron cambiadas de xénero, outras foron consideradas sinónimas, e a especie tipo orixinal M. mazei foi cambiada de xénero, polo que a nova especie tipo é M. vainielli.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Revistas científicas
Bases de datos científicas
Ligazóns externas
Categoría:Arqueas