El Dictámen foi un semanario editado en Pontevedra entre 1872 e 1873.
Historia e características Subtitulado Órgano del Partido Constitucional, apareceu o 1 de decembro de 1872. Saía os domingos e imprimíase nos obradoiros do hospicio. Dirixido por Emilio Álvarez Giménez, foi órgano do Partido Constitucional. Contiña as seccións "Lecturas de prensa nacional e internacional", "Sección oficial", "Gacetillas", "Anuncios" e "Última hora".
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra
Categoría:1872 en Galicia