Jérôme Agyenim Boateng, nado en Berlín Oeste o 3 de setembro de 1988, é un futbolista profesional alemán que xoga de defensa e actualmente é axente libre. Ademais, é internacional coa selección de Alemaña.

Traxectoria Boateng comezou a súa carreira no Hertha BSC, onde pasou das categorías inferiores ó primeiro equipo. Tras a súa primeira tempada no Hertha, foi traspasado ó Hamburger SV, e axudou ó equipo a chegar dúas veces consecutivas ás semifinais da UEFA Europa League.

O 5 de xuño de 2010, foi traspasado ó Manchester City a cambio de 10.4 millóns de libras.

O 14 de xullo de 2011, Boateng foi traspasado ó Bayern de Múnic a cambio de 13.5 millóns de euros. O 11 de decembro de 2013, estendeu o seu contrato co Bayern ata o ano 2018.

Palmarés Club Manchester City FA Cup (1): 2011

Bayern de Múnic Bundesliga: 2012–13, 2013–14 Copa de Alemaña: 2012–13, 2013–14 Supercopa de Alemaña: 2012 Liga de Campións da UEFA: 2012–13 Supercopa de Europa: 2013 Copa Mundial de Clubs da FIFA: 2013

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de Jérôme Boateng

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Berlín Categoría:Futbolistas de Alemaña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Hertha Berlin Categoría:Xogadores do Hamburger SV Categoría:Xogadores do Manchester City FC Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Alemaña Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial