Camellia sasanqua é unha especie botánica de Camellia nativa dos bosques sempreverdes costeiros do sur do Xapón, en Shikoku, Kyūshū e moitas outras illas menores, tan ao sur coma Okinawa. Atópase usualmente medrando en altitudes duns 900 msnm. En Galiza atopámola coma ornamental, acadando algúns exemplares bos tamaño, con todo é máis pequena ca camelia común, con follas miúdas, flores sinxelas e recendentes, adoita rosear antes ca Camellia japonica, polo outonoCamelias en Galicia - http://www.camelias.net/textesp.htm . miniatura|240px|Ilustración miniatura|240px|Vista da planta Descrición É un arbusto sempreverde de 5 m de altura. Follas largas, elípticas, de 3–7 cm de longo e 1,2–3 cm de largo, cunha marxe finamente aserrada. Flores 5–7 cm diámetro, con 5-8 pétalos de cor branca a rosa escura.

Historia e usos Ao comezo do período Edo, os cultivares de Camellia sasanqua aparecen; o primeiro rexistro de cultivares desta planta foi feito por Ihei Itō (1695-1733). En xaponés distínguese a camelia común (椿、ツバキ, tsubaki) da sasanqua (山茶花, サザンカ, sazanka, literalmente «flor do té da montaña»)., e incluso nos haikus cada unha destas flores é un kigo que se asocia a unha estación distinta: a camelia común asóciase á primavera e a sasanqua ao inverno.Renku Home (lista de kigo ou palabras utilizadas nos haiku para indicar a estación do ano, en inglés)

Camellia sasanqua non foi coñecida en Occidente até 1869, cando foi importada a Europa por mercadores alemáns. Despois introduciuse en Australia e nos Estados Unidos.

Ten unha longa historia de cultivo no Xapón por razóns prácticas máis ca decorativas, xa que as follas se usan para facer té, e coas sementes ou noces se fai aceite,Camellia sasanqua en BoDD – Botanical Dermatology Database usado en iluminación, lubrificación, cocedura, cosmética. O óleo de té ten un poder calorífico máis alto ca calquera outro óleo comestíbel dispoñíbel naturalmente no Xapón.

É a flor oficial da vila xaponesa de Saga.

Árbore senlleira en Galiza A Camelia 'sasanqua' do Pazo de Torres Agrelo en Redondela (Pontevedra) figura no Catálogo de Árbores Senlleiras elaborado pola Xunta de Galicia.

Taxonomía Camellia sasanqua foi descrita por Carl Peter Thunberg e publicado en Flora Japonica, . . . 273, t. 30, no ano 1784. en Trópicos Etimoloxía Camellia: nome xenérico outorgado en honra ao botánico e misioneiro xesuíta do século XVII, Jiří Josef Camel (tamén coñecido coma Camellus), que transportou plantas de camelias dende as Filipinas até Europa. Carl von Linné nomeou este xénero na súa lembranza.

sasanqua: epíteto derivado da palabra xaponesa sazanka, que significa "té da montaña". Sinonimia Camellia miyagii (Koidz.) Makino & Nemoto Camellia tegmentosa (Koidz.) Makino & Nemoto Sasanqua malliflora Raf. Sasanqua oleifera Raf. Sasanqua vulgaris Nees Thea sasanqua (Thunb.) Cels en PlantList

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Características das teáceas

Categoría:Camellia Categoría:Flora do Xapón Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Oleaxinosas