El Eco de Mugía foi un periódico publicado en Muxía entre 1902 e 1904.

Historia e características Subtitulado Periódico independiente. Defensor de los intereses generales del partido judicial de Corcubión, apareceu a finais de 1902.Revista Gallega, 14-12-1902, p. 3. Periódico quincenal impulsado por Manuel Miñones Barros, o seu director, fundador e propietario era Gonzalo López Abente, que tamén asinou a maior parte dos traballos aparecidos na publicación xunto a Víctor Castro Rodríguez. Publicaba novas locais e tamén contidos literarios. Mantivo polémicas con El Celta e La Verdad. No número 21, publicado o 13 de setembro de 1903, polas festas da Nosa Señora da Barca, apareceron composicións en galego de Victorino Abente Lago, Eugenio Carré Aldao, Salvador Golpe, Aurelio Ribalta, Galo Salinas, Francisco Tettamancy, Florencio Vaamonde, Víctor Castro Rodríguez e Enrique Labarta Pose, cunha narración en torno á lenda da romaría. Debeu cesar a súa edición co número 42, correspondente ao 15 de xullo de 1904.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas

Categoría:Prensa escrita da provincia da Coruña Categoría:Muxía Categoría:1902 en Galicia