Femés é unha vila do concello de Yaiza, na illa de Lanzarote (Provincia das Palmas, Canarias). En 2013 tiña unha poboación de 218 habitantes.
En Femés atópase a igrexa de San Marcial de Rubicón erixida na honra de quen foi o patrón de todas as illas ata o ano 1819, e que substituíu a antiga ermida-catedral das illas, inicialmente localizada na costa do Rubicón e que foi destruída polos corsarios ingleses en 1593.
A vila serve de escenario principal da novela Mararía, do escritor canario Rafael Arozarena.
Notas
Categoría:Yaiza